A empresa funeraria San Marcos reparte ao redor de 200 roscas en albergues, residencias, hospitais e policías
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
A empresa funeraria San Marcos quixo trasladar o seu apoio e compromiso cos pontevedreses e coa comarca cun xesto simbólico: a entrega de preto de 200 roscas de Pascua nos comedores e albergues sociais, nas residencias de maiores e tamén ao persoal "que nestes días está a coidar de todos nós".
"Queremos agradecer, deste xeito, a todo o persoal que está a traballar sen descanso para que todo saia ben, para que máis pronto que tarde volvamos á normalidade", sinalou o xerente da empresa pontevedresa, Juan Perdiz.
Así, este sábado repartiron roscas nos hospitais da área sanitaria de Pontevedra – O Salnés. O reparto tamén realizouse a través das entidades que estes días traballan nos comedores e albergues sociais de Pontevedra e Marín. Tamén nas residencias de maiores de Pontevedra e Poio; e aos axentes tanto de Policía local, nacional e autonómica de Pontevedra, á Policía local de Poio e de Marín, así como á Protección Civil de Pontevedra.
Para poder realizar a entrega destas roscas, San Marcos encargounas en varias panaderías e pastelerías de Pontevedra, polo que agradecen a súa implicación para facer posible esta entrega.
"Xuntos somos mellores", lembrou Juan Perdiz.
Relacionadas:
-
"A min a San Marcos", a campaña solidaria con moita retranca dunha funeraria
Por Oskar Viéitez |
-
Funeraria San Marcos doa 'smartphones' para que ingresados en Montecelo poidan facer videochamadas ás súas familias
Por Redacción |
-
As empresas funerarias requiren ao Ministerio de Sanidade un protocolo de actuación para evitar contaxios
Por Redacción |