Sorprenden dúas mozas que levaban varios días entrando nunha finca da Puntada para beber alcohol
Por Redacción
Os amigos do alleo, neste caso amigas, seguen actuando a pesar do estado de alarma decretado no noso país polo avance do coronavirus. A última vítima, por agora, foi unha finca privada situada no lugar da Puntada, en Poio.
Nela levaban entrando, polo menos tres días segundo a Policía Local, as dúas mozas de 27 e 24 anos que foron denunciadas por incumprir o estado de alarma. Ademais, van a ser investigadas penalmente como autoras dun delito de roubo con forza.
Os investigadores sospeitan que podería haber máis persoas implicadas nestes feitos, polo que as dilixencias seguen abertas para localizar aos demais autores.
As dúas mozas residen preto desta finca, que habitualmente se aluga para a celebración de festas e eventos. Ambas foron sorprendidas in situ polos axentes, que acudiron ao lugar este domingo tras recibir o aviso dos responsables destas instalacións.
Ao parecer, as mozas saltaron o peche da leira e forzaron a porta para entrar, polo que tamén serán investigadas por un delito de danos na propiedade privada.
Ambas se atopaban nun dos veladores que hai na parcela e, de maneira furtiva, dedicábanse a consumir as bebidas alcohólicas que os donos gardaban no interior do local, actualmente pechado ao público polo estado de alarma.
Relacionadas:
-
Identifican 4 persoas máis, unha delas menor de idade, por coarse nunha finca da Puntada para beber alcol
Por Redacción |
-
Poio reforza a súa Policía Local coa incorporación de dous novos auxiliares
Por Redacción |
-
Unha veciña de Poio denuncia o roubo de froita, hortalizas e material de labranza
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio ten identificados 15 veciños reincidentes en incumprir o estado de alarma
Por Natalia Puga |
-
Multan un matrimonio de Ourense que viña "de vacacións" a Poio
Por Oskar Viéitez |