Ponte Caldelas cancela a Festa da Troita ata 2021 por "responsabilidade"
Por Redacción
Non haberá Festa da Troita este ano. Ante a situación da pandemia do coronavirus, o goberno municipal de Ponte Caldelas tomou a decisión de cancelar a 54 edición da súa festa máis emblemática. O evento non se retomará ata o próximo ano 2021.
Esta decisión, segundo destacou o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, adoptouse por "responsabilidade" e polo ben de toda a veciñanza.
"O ano que vén celebraremos a Festa da Troita dun xeito especial: o sabor do peixe será máis intenso e as sobremesas que preparades con tanto cariño saberán máis doces", engadiu Díaz.
O goberno municipal entende que "agora é tempo de coidarse" e de coller impulso para que o próximo ano a festa "brille con máis intensidade" e volva ser un lugar de xuntanza.
É a primeira vez que se suspende a Festa da Troita, declarada Festa de Interese Turístico e unha das máis concorridas da comarca.
Nos últimos catro anos, ademais, a festa iniciou unha andaina por todas as aldeas de Ponte Caldelas, de maneira que durante 28 días os veciños de todos os lugares de Ponte Caldelas degustaban troitas nas súas casas do pobo.
Relacionadas:
-
Segundo ano sen Festa da Troita de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas non poderá celebrar festa, pero si ofrecerá troitas
Por Redacción |
-
Escolares de Ponte Caldelas recibiron xa medio cento de tarefas a domicilio
Por Redacción |
-
Vilagarcía queda sen os Maios, o Ágora Vermú, as celebracións de Santa Rita e as Letras Galegas
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza a repartición de máscaras porta a porta en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas comeza o pago de axudas municipais a autónomos e pemes
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas cancela todos os concursos da Festa da Troita
Por Redacción |
-
Suspendidas a BTTroita, a Concentración Moteira e a Tractorada de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |