Ence: Produtos hixiénicos e sanitarios básicos fabricados con celulosa
Os produtos de primeira necesidade producidos con celulosa volvéronse imprescindibles na crise sanitaria que estamos a atravesar. Neste contexto, a actividade de Ence volveuse máis necesaria ca nunca.
A compañía, que conta con dúas biofábricas situadas en Pontevedra e Navia, é líder europea na subministración de celulosa, material co que se fabrica unha gran variedade de produtos, tanto de uso hixiénico como sanitario.
Desde a chegada do coronavirus a España, a demanda deste tipo de bens procedentes da celulosa aumentou considerablemente. Papel hixiénico, panos desbotables, panos de mesa e toalliñas de papel, son só algúns dos derivados de pasta de papel máis usados como medio de prevención ante o COVID-19.
Con todo, os produtos derivados da celulosa non se limitan unicamente ao ámbito hixiénico, xa que para a área sanitaria é de vital importancia que a pasta de papel se siga fornecendo. Grazas a ela, os nosos sanitarios poden ter cada día máscaras, batas, apósitos ou sabas de papel para padiolas, entre moitos outros. Estes produtos axudan a que todos os traballadores de hospitais poidan seguir desenvolvendo o seu labor mantendo as medidas de protección axeitadas, contribuíndo así á erradicación do coronavirus.
É importante destacar que o proceso de produción da celulosa de Ence é respectuoso co medioambiente. Trátase dunha pasta de papel sostible da máxima calidade, obtida a partir de madeira certificada baixo os estándares FSC e PEFC e branqueada a través dun proceso totalmente libre de cloro.
Ademais, a biofábrica de Pontevedra atesoura diversos recoñecementos internacionais que distinguen a súa excelencia ambiental e a súa contribución á economía circular. Destaca, entre eles, a Distinción Ouro da Comisión Europea, pola súa mellora ambiental, a ecoetiqueta Nordic Swan, selo ecolóxico oficial dos gobernos escandinavos, e o certificado AENOR Residuo Cero, que acredita a Ence Pontevedra como unha organización que leva a cabo unha xestión eficiente dos seus residuos, logrando valorizar o 99,1%.
Relacionadas:
-
Ence: contribución á bioeconomía, a economía circular e a transición enerxética
Por Noticia patrocinada |
-
A importancia da celulosa para superar a crise económica
Por Noticia patrocinada |
-
Ence Pontevedra segue xerando emprego durante a crise sanitaria
Por Noticia patrocinada |
-
Ence reforza as súas accións en Pontevedra na loita contra o coronavirus
Por Noticia patrocinada |
-
Ence pecha o primeiro trimestre con 12 millóns de euros de perdas
Por Redacción |
-
Ence compra 30.000 mascarillas á empresa Albino González
Por Redacción |
-
A biofábrica de Ence en Pontevedra investiu 10 millóns de euros en 2019 para mellorar a súa excelencia ambiental
Por Noticia patrocinada |
-
Ence e Kartogroup doan 24 toneladas de material sanitario a centros hospitalarios de Pontevedra
Por Redacción |
-
Ence, referente do seu sector en desempeño ambiental nas súas biofábricas de Pontevedra e Navia, segundo a avaliación de WWF
Por Noticia patrocinada |
-
O modelo Ence: sustentabilidade como prioridade estratéxica e contribución á Economía Circular
Por Noticia patrocinada |
-
A industria da celulosa ofrece alternativas para loitar contra o cambio climático
Por Noticia patrocinada |