Dobre denuncia para un mozo de Marín: por incumprir o confinamento e por trapichear con drogas
Por Redacción
Un veciño de Marín de 36 anos levou esta fin de semana unha dobre denuncia da Policía Nacional: unha por incumprir o estado de alarma saíndo da súa casa sen xustificación e outra por facelo transportando droga
Os feitos ocorreron na madrugada do domingo 12 de abril. Axentes da comisaría local de Marín atopábanse realizando labores de prevención da seguridade cidadá cando sorprenderon a un individuo na vía pública, incumprindo as medidas de confinamento impostas polo Real Decreto 463/20 de activación do estado de alarma.
Os axentes realizáronlle un cacheo superficial e detectaron que levaba un cordón atado ao cinto do que colgaba polo interior do seu pantalón unha funda de lentes. Nesa funda levaba 20 papelinas de substancia estupefaciente.
En concreto, levaba 13 papelinas de cocaína e 7 de heroína, así como 250 euros en billetes de 50, 20,10 e 5 euros, presuntamente procedentes da venda de drogas.
Os axentes procederon á súa detención como autor dun delito contra a saúde pública e tamén instruíron as correspondentes dilixencias e sancionárono administrativamente por incumprir as medidas de confinamento establecidas durante o actual estado de alarma.
Relacionadas:
-
Conduce ebria e drogada por Marín cun coche que non tiña seguro
Por Redacción |
-
Un mozo de 26 anos, detido en Marín por circular drogado, sen carné e con cocaína e heroína no coche
Por Redacción |
-
Dúas persoas de Marín, con xustificante de desprazamento, sofren improperios desde as casas e padecen unha crise de ansiedade
Por Redacción |
-
A Policía Nacional reparte máscaras a usuarios do transporte público en Marín
Por Redacción |