A inestabilidade do terreo obriga a modificar o contrato do campo de Ponte Sampaio
Por Redacción
Ata 116.353 euros. É a cantidade a maiores que terá que desembolsar o Concello de Pontevedra para a construción do campo de fútbol de Ponte Sampaio.
As obras, paralizadas desde hai semanas, poderán retomarse despois de aprobarse o modificado do contrato, que ascendía inicialmente a 1.163.536 euros.
O Concello asegura que este aumento está motivado por novas necesidades que non se contemplaban no contrato inicial e que xorden en relación, principalmente, á inestabilidade do terreo na contorna do futuro edificio destinado a vestiarios.
Esta circunstancia, que non existía ou non puido ser prevista no momento da redacción do proxecto, implica a necesidade de gañar terreo escavando na rocha aproximadamente uns catro metros cara ao interior da parcela e a construción dun novo pozo ante a insuficiencia do pozo de barrena existente.
Ademais, foi preciso realizar escavacións para estabilizar o edificio de vestiarios, o que inclúe o tratamento dunha das fachadas do edificio, que no proxecto orixinal quedaba contra o terreo, cun sistema exterior de illamento térmico.
Esta escavación tamén implica unha intervención para asegurar o muro que delimita coa parcela colindante.
A modificación inclúe, ademais, un incremento da drenaxe e a colocación de capas de grava e unha lámina xeotéxtil non previstas para solucionar os problemas derivados dun terreo situado nunha antiga xunqueira e para evacuar o importante caudal de augas procedentes da ladeira contigua.
Relacionadas:
-
Ponte Sampaio estrea o seu novo campo de fútbol
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Ponte Sampaio recibirá o próximo sábado o seu novo campo de fútbol
Por Alejandro Espiño |
-
Veciños de Ponte Sampaio demandan un pavillón de deportes á beira do colexio
Por Redacción |
-
6 de xullo, nova data para a estrea do parque infantil de Médico Ballina
Por Alejandro Espiño |
-
Novo atraso na construción do campo de fútbol de Ponte Sampaio
Por Anxo Lourido |
-
O Concello negocia con Costas a cesión de terreos en Ponte Sampaio, Mollabao, Malvar e na contorna do Pavillón
Por Redacción |
-
Catro meses máis para rematar o campo de herba sintética de Ponte Sampaio
Por Redacción |