O próximo maio poderase coñecer un estudo sobre o impacto do COVID19 no turismo da provincia
Por Redacción
O próximo maio poderase coñecer "un diagnóstico rigoroso con tendencias e datos" do impacto que a pandemia provocada polo COVID19 está tendo sobre o sector turístico da provincia. Isto será posible unha vez que se dispoña do estudo que a Deputación de Pontevedra encargou para avaliar a situación e a fin de adoptar as "mellores decisións e poder traballar canto antes en reorientar o noso modelo para a provincia".
Así o expuxo a presidenta da entidade, Carmela Silva durante a reunión que mantivo o Comité de Seguimento do COVID19. Paralelamente contémplase comezar a elaborar un novo Plan Estratéxico de Turismo para a provincia. O actual concluiría en decembro "pero temos que anticiparnos para desenvolver accións que nos permitan afrontar, o que sen dúbida será unha nova realidade".
Este martes 14, a Xunta convocou ao Consello Reitor que reunirá aos destinos galegos. O xoves reunirase a Mesa provincial de Turismo na que ademais do propio sector, tamén participan concellos, xeodestinos, Xunta e aeroporto de Vigo; e celebrouse xa unha reunión telemática coa Rede de Destinos Intelixentes de España, segundo informaba a presidenta provincial.
Para implementar os resultados destas reunións, a Deputación contempla potenciar as súas accións, como as edicións anuais da aceleradora para empresas turísticas co obxectivo de achegar as TIC a máis establecementos. Incrementarase a formación para a calidade e excelencia das empresas SICTED. Impulsaranse novas iniciativas de promoción deste destino turístico tanto na web da Deputación como na de Turismo Rías Baixas.
Silva ademais de manifestar a súa preocupación tamén engadiu que "hoxe estamos na casa, pero para o día que xa podamos saír temos que traballar para estar completamente preparados e dicirlle á xente que pode volver, que somos un destinos seguro, saudable e coa diversidade e beleza de sempre.
Relacionadas:
-
Controis de temperatura, elementos de separación persoal e máis limpeza nos plans de desescalada da Deputación
Por Redacción |
-
Calculan que, no mellor escenario post-coronavirus, Galicia perderá un de cada dous turistas
Por Redacción |
-
Carmela Silva aprema a Feijóo para que a Xunta axilice a tramitación dos ERTE
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Case 2 millóns de euros da Deputación para facer fronte á crise do coronavirus
Por Redacción |
-
Recollidos 23 cans das rúas durante o estado de alarma
Por Oskar Viéitez |
-
O ORAL planifica o pago fraccionado dos tributos
Por Redacción |