Ponte Caldelas comeza o pago de axudas municipais a autónomos e pemes
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas comezou este luns a realizar as transferencias bancarias para o pago das axudas directas para autónomos e pequenas empresas do municipio que tiveron que pechar por motivo do estado de alarma provocado pola pandemia do coronavirus.
Desde as arcas municipais realizáronse esta mañá 18 transferencias, ás uq sumaranse outras trece programadas para este martes. En total son 60 as solicitudes de axudas tramitadas polos servizos administrativos do Concello caldelano. De todas elas, 46 teñen unha contía de 400 euros, mentres que as restantes ascenden a 200 euros e son para aqueles negocios que só viron reducida parte da súa actividade.
“Para min é importante realizar as transferencias o antes posible porque sei que é agora cando os autónomos e as pequenas empresas precisan o diñeiro", indica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas paga 13.600 euros a autónomos e pemes coas súas axudas directas
Por Redacción |
-
Comeza a repartición de máscaras porta a porta en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas cancela a Festa da Troita ata 2021 por "responsabilidade"
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pon en marcha un servizo de impresión de tarefas escolares con entrega a domicilio
Por Redacción |
-
Máis de 3.300 vivendas de Ponte Caldelas terán os accesos desinfectados
Por Redacción |
-
Axudas directas de 400 euros a comercios, hostaleiros e autónomos de Ponte Caldelas
Por Redacción |