Pedida de man en pleno confinamento: "Fernando, Eli se quiere casar contigo"
Por Natalia Puga & Diego Torrado
Fernando pasa o estado de alarma confinado no seu piso de cálea Dolores Mosquera de Caldas de Reis mentres compatibiliza o teletraballo coa convivencia coa súa parella, Eli, o fillo dela e unha das súas fillas. Como unha alta porcentaxe da poboación, o seu ánimo non estivo moi elevado estes días e a súa noiva quixo darlle unha sorpresa para animalo. Para logralo, tivo como intermediarios aos voluntarios de Protección Civil de Caldas, que este luns chegaron á porta da súa casa cunha mensaxe moi especial: unha petición de man.
Á vista do sorriso que logrou espertarlle, o obxectivo está conseguido. Por suposto, a súa resposta foi si e agora a parella xa espera que pase a crise do coronavirus e Eli logre a estabilidade laboral que agora non ten para que soen campás de voda. Mentres tanto, quedan cun fermoso recordo, o da escena vivida ás oito e media da tarde deste luns.
Recrear todas as emocións que sentiron Eli e Fernando nese momento resultaría imposible, pero si se pode recrear o escenario. Como cada tarde, os voluntarios de Protección Civil percorreron o centro de Caldas animando aos veciños e nesta ocasión detivéronse á beira do colexio da Encarnación e, megáfono en man, José Sieiro empezou a pasar lista para saber se estaba toda a veciñanza nas súas xanelas e balcóns.
Unha vez que verificaron que Fernando si estaba no número 11 e o saludaron, chegou a confesión."Te voy a contar la verdad. No me llamo Jesús Puente, pero hoy tengo una especie de "tengo una carta para ti"", foi a primeira pista que chegou ata el. A seguinte frase, traería a constatación de que a deste luns non sería outra aburrida tarde de corentena: "Hay una chica al lado tuya que se llama Eli que te quiere un montón y que nos ha delegado pedirte una cosa. Y es que Eli se quiere casar contigo. Eli se quiere casar contigo".
A bomba xa estaba lanzada, tan só quedaba aderezar o momento co apoio de toda a rúa."Vecinos, ¿dónde está ese aplauso?", pediu o responsable de Protección Civil e, tras o emotivo aplauso que soou ata nos edificios máis afastados e un enorme bico entre Eli e Fernando, quixo saber a resposta do homenaxeado: "¿Eso qué es? ¿Un sí o un no?".
Por suposto, a resposta foi si. E por se a Fernando lle quedaba algunha dúbida, desde Protección Civil disipáronlla: "Está enamorada de ti hasta el túetano, somos todos testigos", corroboraron, e tras desexarlle toda a felicidade do mundo, despedíronse cunha canción que a esta parella evócalle momentos moi felices, Titanium, de David Guetta.
"Para nosotros es muy especial, nos recuerda a un viaje que hicimos el año pasado a Punta Cana", confesou Eli a PontevedraViva pouco despois da pedida de man. Co si xa claro, e sen poder ocultar a súa felicidade, explicou que quixo dar esta sorpresa á súa parella para demostrarlle todo o que o quere e porque este ano non poderán celebrar o seu quinto aniversario como se merecen. Será o próximo mes de maio e "está claro que no podremos celebrarlo como nos gustaría", así que optou por este recurso.
Pensou en pedir axuda aos voluntarios de Protección Civil porque en decembro de 2017 sufriu un atropelo no que "ellos me auudaron mucho". Foron os primeiros en atendela e "se portaron fenomenal". Desde entón, apreciábaos moito e ese agarimo foi crecendo nas últimas semanas con todas as accións que están a realizar ao percorrer todo o municipio axudando aos veciños e levantándolles o ánimo con xestos como estes.
Cada día, os voluntarios realizan un percorrido polos lugares nos que lles reclaman. Felicitan aniversarios, logran sacar un sorriso e tamén bágoas de emoción a persoas maiores ás que o confinamento se lles fai costa arriba e levantan o ánimo por cada recuncho. Este luns, desde a agrupación recoñeceron que estaban especialmente emocionados. "Es muy hermoso y todo lo que sea ayudar a animar a la gente lo hacemos", confesaban. O amor estaba no aire e eles tamén sentían. Á feliz parella, "le deseamos lo mejor".
Relacionadas:
-
En Barro si queren aos veciños que traballan en tempos do Covid-19
Por Redacción |
-
Valentín Otero, doce días entre a vida e a morte polo coronavirus: "Foi como volver a nacer"
Por Alejandro Espiño |
-
A Policía Local de Caldas denunciou 34 persoas no mes de aplicación do estado de alarma
Por Redacción |