José María O´Kean, catedrático de Economía, aconsella aos emprendedores apostar pola dixitalización
Por Redacción
José María O'Kean, catedrático de Economía, abría este martes as sesións 'Webinar', seminarios online, que promove a Deputación de Pontevedra dentro do programa Smartpeme coa intención de reactivar o emprendemento na provincia cando finalice o actual estado de alarma.
A exposición do divulgador sevillano levaba por título 'Covid-19. A crise inesperada. Implicacións económicas e expectativas de saída' e ao longo da súa explicación sinalou que é necesario reinventar negocios e empresas para penetrarse no comercio electrónico. Nesta liña, destacou que o consumidor busca sensacións e é preciso apostar pola cooperación e non só pola competencia fronte a grandes empresas mundiais.
200 persoas emprendedoras participaron nesta intervención que se iniciou cunhas palabras de Carmela Silva, presidenta provincial, que estivo acompañada polo deputado Gregorio Agís. A máxima mandataria da Deputación afirmou que é necesario reorientar o sistema produtivo para cando se renove a actividade económica e realizou un chamamento para o optimismo.
Pola súa banda, O'Kean mantivo que a situación económica dependerá das decisións que adopte a Unión Europea pero vaticina unha desafección social pola globalización, que xa se intuía antes da pandemia.
En todo caso, animou aos asistentes á sesión web a emprender o camiño da dixitalización nun mundo hiperindividualista, no que o consumo se fai cada vez máis desde a casa. Recomendou aproveitar as oportunidades de financiamento barato para investir en loxística rápida, ademais de captar aos consumidores de maneira activa e ser flexibles nas estratexias de venda.
Relacionadas:
-
RADIO.- 'Bragolas' sostibles, feministas e feitas en Pontevedra
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Carmela Silva sinala a Smartpeme coma un "servizo estratéxico" da Deputación
Por Redacción |
-
Converter ameazas en oportunidades, proposta da plataforma impulsada por AEMPE ante o coronavirus
Por Redacción |
-
Coosy paralizou a moda e confecciona batas e máscaras que envían onde lles solicitan
Por Alejandro Espiño & Marisa Ciordia |
-
A Deputación perdoa o aluguer de espazos nos seus viveiros ás empresas inactivas
Por Redacción |
-
Trámites e consultas sobre as medidas do Goberno saturan as asesorías de Pontevedra
Por Manu Otero |