Regresa a actividade aos xulgados da Parda
Por Oskar Viéitez
Este mércores os xulgados da Parda inician a coñecida como "desescalada" o regreso paulatino da actividade segundo acordou o Consello Xeral do Poder Xudicial de forma consensuada co Ministerio de Xustiza.
Levántanse algunhas das limitacións establecidas tras o decreto do estado de alarma pola pandemia do coronavirus despois de semanas sen poder tramitar ningún asunto que non fose urxente (como, por exemplo, as causas con presos).
Isto significa que a partir de hoxe pódense presentar a través de medios telemáticos escritos iniciadores de procedemento, o seu rexistro, repartición e tramitación. É dicir, ademais dos asuntos urxentes como os que afectan a dereitos fundamentais, xa poden entrar para o seu rexistro, demandas, recursos de apelación e casación e contenciosos.
Os funcionarios da administración de Xustiza renovan aos poucos o seu traballo ata hoxe restrinxido a casos urxentes puntuais.
Os principais sindicatos anticipaban que para este mércores haberá unha avalancha de demandas e escritos por parte dos letrados.
Os colexios de avogados e procuradores recomendaban a véspera ao seus colexiados "moderación e sentido común" nesta presentación telemática.
Relacionadas:
-
Joaquín Gabriel Santos Conde toma posesión como decano dos procuradores de Pontevedra
Por Redacción |
-
Dous novos positivos por Covid-19 nos xulgados de Pontevedra levan aos sindicatos a pedir maior prevención
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Denuncian que o xulgado de violencia sobre a muller na Parda queda reducido a só 70 metros cadrados
Por Redacción |
-
Os sindicatos rexeitan os servizos mínimos e esixen o peche dos xulgados
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A Xustiza adopta medidas extraordinarias polo estado de alarma
Por Oskar Viéitez |
-
Suspendidos todos os xuízos e actuacións xudiciais non urxentes desde o luns
Por Natalia Puga |
-
A actividade xudicial, tamén alterada polo coronavirus
Por Natalia Puga |