Ence e Kartogroup doan 24 toneladas de material sanitario a centros hospitalarios de Pontevedra
Por Redacción
Diversos hospitais públicos e centros de atención primaria da provincia de Pontevedra contarán nos próximos días con 24 toneladas de material sanitario, producidos con celulosa da fábrica de Ence de Lourizán utilizando a madeira galega e con colaboración de Kartogroup, unha empresa produtora de papel tisú.
A pasta de papel que se doa é TCF (totalmente libre de cloro), tal e como se elabora na planta de Lourizán, unha das dúas únicas de Europa que emprega este procedemento sostible e, segundo a empresa, respectuoso co medio ambiente.
Os produtos son papel para uso sanitario e hixiénico e secamáns, que se trasladará en dous camións a 44 centros de atención primaria e aos hospitais de Montecelo, Provincial e O Salnés da provincia.
Con esta doazón, Ence e Kartogroup queren colaborar na loita contra a expansión do COVID-19, a través da achega deste material a centros sanitarios.
Relacionadas:
-
Ence compra 30.000 mascarillas á empresa Albino González
Por Redacción |
-
Ence: Produtos hixiénicos e sanitarios básicos fabricados con celulosa
Por Noticia patrocinada |
-
Ence traballa "intensamente na prórroga da concesión da biofábrica de Pontevedra ata 2073"
Por Redacción |
-
Os traballadores de Ence defenden que traballan de forma segura e que a súa actividade é necesaria para combater o Covid-19
Por Redacción |