O xulgado rexeita as medidas cautelares que o marido dunha sanitaria reclamaba o Hospital Montecelo para evitar o contaxio
Por Redacción
O Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra rexeitou a solicitude de medidas cautelares que un avogado, no seu nome e no do seu fillo, solicitaba para enfermos de coronavirus no Hospital Montecelo. O demandante, marido dunha auxiliar de enfermería do Complexo Hospitalario de Pontevedra, reclamaba a adopción de "medidas de reforzo de material e de persoal" para defender tanto a súa saúde como a do seu fillo, menor de idade. Ademais, reclama a colocación dun único paciente afectado por COVID-19 na quinta planta do hospital.
Segundo expoñía na súa solicitude, o Sergas incorreu en "vía de feito" ao habilitar a planta quinta para o internamento de infectados polo virus, colocar a dous enfermos por habitación e non dotar ao persoal sanitario de equipos de protección. Con iso, segundo o seu escrito, pon "en grave risco de contaxio" á súa muller, destinada nesa planta. Como el e o seu fillo conviven con ela no mesmo domicilio, entende que con ese risco se afecta o seu dereito fundamental á integridade física e ao dereito fundamental á defensa letrada nos procesos xudiciais porque se a súa esposa lle contaxia o virus se verá "mposibilitado" para defender xuridicamente aos seus clientes.
Na sentenza, o xuíz salienta que, tal como acredita o SERGAS na súa defensa, "as decisións adoptadas sobre o destino e organización da planta quinta do Hospital Montecelo ante a crise do COVID-19 están motivadas e ditáronse no marco duns protocolos aprobados pola Administración sanitaria". Polo tanto, a actuación denunciada polo vogado, segundo o fallo, non constitúe unha "vía de feito", na que incorre a Administración cando actúa un órgano manifestamente incompetente ou prescinde por completo do procedemento establecido.
Ademais, a sentenza sinala que o demandante "poderá discrepar, pero non tachar esa decisión organizativa de ‘vía de feito’", que sinala que a mesma conclusión se alcanza respecto a denuncia sobre a ausencia de medios materiais necesarios para evitar o contaxio. E o xuíz entende que a acción do avogado diríxese "a defender intereses alleos: A seguridade e saúde no traballo de terceiros que non son parte no proceso xudicial".
O maxistrado sinala que "é moi significativo que a principal afectada pola situación de risco laboral que denuncia, a súa propia esposa, non asinase a reclamación previa, nin forme parte deste proceso. Tampouco o fixo ningunha organización sindical dos empregados do Hospital".
Por último, considera tamén que a solicitude de medidas cautelares é inadmisible porque para os supostos de "vía de feito" presentados polo avogado, a lei dispón que se o actor formula un requerimento previo na vía administrativa, a Administración dispón dun prazo de dez días para repondelo e mentres, non pode interpor o recurso contencioso-administrativo nin solicitar medidas cautelares en vía xudicial. O xuíz sinala que "nesce caso, con toda evidencia, o actor interpuxo a súa solicitude de medidas cautelares cando aínda non transcurrira o prazo de dez días desde a data de entrada do requererimento previo no rexistro do SERGAS". O titular do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra tamén advirte da existencia "dun defecto de falta de xurisdición",