Poio recibe, a través de Afundación, un lote de máscaras confeccionadas en Vigo
Por Redacción
A Policía Local de Poio recolleu o pasado martes, na sucursal de Abanca de Combarro, un lote de máscaras confeccionadas por voluntarios do Colegio Hogar de Vigo.
Trátase dunha doazón altruísta realizada por Afundación, responsable deste centro.
O alcalde, Luciano Sobral, enviou unha carta para trasladar o seu agradecemento a esta institución, así como o seu recoñecemento e agarimo aos mozos e mozas que elaboraron de xeito desinteresado este material de protección.
Todos eles son, segundo Sobral, un exemplo de mocidade "implicada e concienciada".
O material será utilizado para reforzar o material de seguridade que xa utilizan de xeito habitual os integrantes do corpo de seguridade municipal.