Pese ao confinamento Pontevedra rexistra xa máis declaracións da Renda que no mesmo período do pasado ano
Por Redacción
O emprego da vía telemática para render contas coa Axencia Tributaria está a permitir que o confinamento non sexa un hándicap, nunha elevada porcentaxe, para a cita anual coa campaña da Renda, aberta o pasado 1 de abril. Nestes quince primeiros días ata 35.835 contribuíntes presentaron as súas declaracións na Delegación Territorial de Pontevedra, o que reflicte un 25% máis que durante o mesmo período do pasado exercicio.
É significativo ademais que dese total de declaracións o 86% solicitaban devolución, isto é 31.049 contribuíntes. Ao 69% desta últimos Facenda xa lles devolveu. Canto? a suma das cantidades solicitadas nesas máis de 31.000 declaracións elevábase a 21 millóns 650 mil euros; a Axencia ingresoulles 10 millóns 513 mil euros, isto é: un 48% da cantidade para devolver.
Segundo os datos reportados pola Delegación do Goberno en Galicia, e tendo en conta sempre este período do primeiros quince días de campaña, a cidadanía recibiu as súas solicitudes antes?. A resposta está na proporcionalidade entre o número de declaracións presentadas e pagas en ambas as campañas. Así, se o pasado ano contabilizáronse nesta Delegación 28.554 declaracións, das que se pagaron neste prazo 14.970, resultan un 52%; e agora pagáronse 21.489 das 35.835 presentada, que resulta un 60%. Un 8% máis dos contribuíntes recibiron a devolución das súas cantidades respecto o pasado exercicio.
Relacionadas:
-
A Axencia Tributaria prevé devolver aos pontevedreses 126 millóns na campaña da renda 2020
Por Redacción |
-
Os autónomos reclaman ao Goberno unha ampliación de tres meses para presentar declaracións e autoliquidacións
Por Oskar Viéitez |
-
A campaña da Renda esquiva o coronavirus e comezará o 1 de abril
Por Anxo Lourido |