Indignación entre o alumnado da Uned ante as condicións establecidas para realizar exames online
Por Anxo Lourido
A Universidade a Distancia (Uned) ten encendidos aos seus matriculados. O estado de alarma provocou que esta entidade que conta cun centro asociado en Monte Porreiro buscara fórmulas para avaliar ao alumnado agora que se achegan as datas de final de curso. Sonia, unha alumna do centro asociado de Pontevedra, explica que se lles enviou unha enquisa con varias opcións para que os estudantes decidisen que sistema debía empregarse para examinarlles. O resultado desta enquisa, segundo os datos da propia Uned, mostraba que a opción escollida era a de avaliar por Probas de Avaliación Continua (PECs). Con todo, o reitorado ante estes resultados decidía, alegando que só participara un 15% do alumnado, que a mellor fórmula era a que quedara en terceiro lugar na enquisa: os exames online.
Este sistema non convence á maioría, segundo comenta Sonia, porque hai matriculados que non teñen acceso a Internet ou poden ter problemas de conexión durante o exame se, sobre todo, residen en zonas do rural. Porque ademais, a Uned nas normas aclara que non se fai responsable de ningún fallo na conexión, polo que o estudante pode suspender por un problema na súa rede. As queixas van máis aló. Segundo expón a Uned, os examinadores terán acceso á cámara web para vixiar ao alumnado intervindo o computador. Sonia, entre outras moitas estudantes, entende que é unha violación da intimidade. Afirma que, ademais, os exames son tipo test á mesma hora cun programa que establecerá diferentes preguntas ao alumnado. Unha situación que, entenden, é inxusta porque a dificultade das probas será diferente e por tanto non resultará equitativo.
Eses exames online, sen datas aínda establecidas, realizaranse a través dunha plataforma e a Uned decidiu que este xoves se fixese unha proba de carga pedindo a todos os estudantes que se conectasen. O resultado foi caótico, segundo reflectíase polos propios alumnos nas redes sociais. Inicialmente, esta proba ía executarse entre as 10.00 e as 14.00 horas. Sonia explica o que ela se atopou: "Ás 09.55 horas cando tentei acceder, a plataforma xa estaba caída". A plataforma ofrecía diferentes mensaxes de erro provocando o desconcerto entre os estudantes. En Twitter converteuse en tema de tendencia e aquí recollemos algúns dos centos de comentarios:
Esto es lo que nos ha pasado a casi todo el mundo. pic.twitter.com/qX4psvZRjs
— Adela Sanchez (@Adelarsanchez11) April 16, 2020
No hay manera de entrar. Siempre sale este cartel. pic.twitter.com/VPxXYqg3uC
— Susana (@Susana26249944) April 16, 2020
@UNED no he podido ni siquiera acceder a la prueba del examen. He hecho varios intentos y esto me salía pic.twitter.com/fZOhuBMhrK
— McTecon (@McTecon) April 16, 2020
Cuando le doy a finalizar prueba aparece esto. Ósea nuestras opiniones no quedan guardadas o...?? Jajjajjaja no importamos pic.twitter.com/K9rlju8CS7
— αиdяєα (@AndreaLoureiro6) April 16, 2020
Sólo espero que igual que ignorasteis la encuesta donde el alumnado contestaba que prefería evaluación por PECs argumentando que solo contestó el 15% de los matriculados, también ignoréis la plantaforma online ya que solo han podido entrar 8.000 de los 200.000 que somos...
— -Lii. (@LiiLovesCoco) April 16, 2020
Desde a Uned alegan que se trataba só dunha proba de carga que servirá para corrixir erros para cando leven a cabo os exames definitivos e mesmo chegaban a cualificar de éxito este intento na súa conta de Twitter.
A situación levou a que na plataforma Change.org se iniciara unha petición dirixida ao reitor Ricardo Mairal Usón na que sinalan que esta situación de descoñecemento sobre a plataforma e datas concretas dos exames está a crear confusión, tensión e ansiedade entre os estudantes. E solicitan que se modifique o modelo de avaliación e se opte por traballos ou realizando exames onde o equipo docente entrega a proba e o alumnado pode subir á plataforma as respostas nun prazo amplo de 48 horas.
Indican ao reitorado que deberían deixar escoller a cada alumno distintos itinerarios de avaliación ou a devolución da matrícula ou mesmo o aprazamento para outro curso. E finalizan reclamando facilidades ao órgano reitor para afrontar esta situación.
Relacionadas:
-
Estudantes da UNED piden desesperadamente unha solución aos erros causados polo seu sistema de exames
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
A UNED reduce a dous os seus cursos de verán en Pontevedra polo coronavirus
Por Redacción |
-
A Universidade non pecha a porta á presencialidade para os exames finais
Por Redacción |