As máscaras repartidas polo Goberno chegan a empresas e entidades sociais
Por Redacción
Preto de 40.000 máscaras a entidades empresariais e colectivos sociais. É o reparto de material de protección contra o coronavirus que repartiu xa o Goberno na segunda fase desta iniciativa, que arrancou o luns co reparto directo entre os traballadores que retomaron a súa actividade.
Entre outros destinos, repartíronse as máscaras na Zona Franca de Vigo, entre as empresas do sector do metal, en ENCE -onde chegaron máis de 2.000 unidades- ou nos colexios de avogados e arquitectos de Pontevedra.
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, explicou que a distribución do material hixiénico continuará nas entidades dos diferentes colectivos sociais da provincia, entre elas Cruz Vermella ou o Banco de Alimentos.
Larriba asegura que desde o Goberno continúan as xestións para proporcionar todas as medidas necesarias que garantan o reinicio das actividades de acordo cos protocolos sanitarios que debe respectar toda a poboación.
Relacionadas:
-
Coosy paralizou a moda e confecciona batas e máscaras que envían onde lles solicitan
Por Alejandro Espiño & Marisa Ciordia |
-
Unha pontevedresa confecciona un cento de máscaras para a Garda Civil
Por Redacción |
-
Continúa a repartición de máscaras de protección entre persoal reincorporado a súa actividade laboral
Por Redacción |