Galicia fará as probas do coronavirus a 100.000 galegos para estimar a poboación "inmunizada"
Por Alejandro Espiño
A finais de abril, Galicia iniciará un estudo epidemiolóxico para analizar a situación da pandemia do coronavirus na comunidade. Será, segundo o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o "máis potente" realizado xamais no ámbito sanitario.
Este estudo contará cunha mostra "moi importante" da poboación. Así, na súa primeira fase os investigadores realizarán as probas do coronavirus a unhas 51.925 persoas. Pasadas catro semanas, outros 50.000 galegos incorporaranse a este seguimento.
Núñez Feijóo explicou que este estudo epidemiolóxico seguirá os criterios do comité clínico do Servizo Galego de Saúde.
O obxectivo deste traballo será facer unha "foto de simulación" da poboación de Galicia que está "inmunizada" ante este virus e, por tanto, o número de galegos que aínda están en risco de padecer a infección do COVID-19.
É o Instituto Galego de Estatística o que determinou o tamaño da mostra e os resultados serán "representativos" por comarcas e polas sete grandes cidades. No caso de Pontevedra faranse 2.700 probas para este estudo.
Os participantes neste estudo, que é de carácter voluntario, foron elixidos aleatoriamente por sexo, idade e lugar de residencia entre aqueles que teñen tarxeta sanitaria. O Sergas fará as probas nos centros de saúde correspondentes e recollerá toda a información.
Será o propio centro de saúde o que contactará telefonicamente coas persoas que serán incluídas no estudo. Citaráselles para acudir a realizar a proba de anticorpos, que será mediante unha punción no dedo. O resultado notificarase nun prazo máximo de 48 horas.
Se unha persoa que xa deu positivo é chamada para este estudo, aclarou o presidente galego, será incluído na investigación pero xa non se lle fará a proba. E se o paciente dá positivo, actuarase segundo os criterios clínicos e será illado.
A investigación permitirá, reiterou Núñez Feijóo, coñecer coa "maior profundidade posible" o nivel de persoas inmunizadas e daquelas que non tiveron contacto co virus. Isto permitirá á Xunta saber "cal é a situación" do virus en Galicia e, por tanto, "tomar decisións" no ámbito económico e social.
Relacionadas:
-
Apenas un 2% dos pontevedreses xerou anticorpos contra o coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
O estudo epidemiolóxico do coronavirus arranca sen incidencias en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Sergas inicia este xoves en Pontevedra o estudo epidemiolóxico do coronavirus con 2.700 test
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo ve "razoable" pensar na desescalada e en incrementar a actividade económica en Galicia
Por Diego Espiño |
-
A morte dun home de 64 anos eleva a trece os falecidos por coronavirus en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Lixeiro aumento de positivos e novo descenso de hospitalizacións por coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Feijóo pide ao Goberno que busque fórmulas para que os nenos poidan saír de forma "ocasional"
Por Natalia Puga |