A Xunta inxecta aos concellos diñeiro do Fondo de Cooperación Local para loitar contra o coronavirus
Por Redacción
A Xunta de Galicia ingresa aos concellos a partida do mes de marzo e a liquidación do 2018 do Fondo de Cooperación Local para achegar liquidez que lle permita adoptar medidas para loitar contra o coronavirus. Os municipios da área de Pontevedra recibiron un total de 1,6 millóns de euros, dos que a capital percibiu 624.000 euros. Mentres que os oncellos da comarca de Caldas percibiron 686.000 euros.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, informou este venres que o obxectivo do goberno autonómico é dotar de máis recursos económicos ás administracións locais para facer fronte á crise orixinada polo Covid. Estes fondos repártense seguindo criterios obxectivos marcados pola FEMP como o número de habitantes, as persoas maiores de 65 anos, a extensión do territorio e o número de núcleos de poboación.
Cada Concello pode decidir libremente a que partidas destinar estes fondos en función do que consideren máis urxente, puntualizou Cores Tourís. Os motivos que levaron á Xunta a axilizar este pago débense a que os concellos "necesitan liquidez para poder asumir todos os gastos extraordinarios que implica a atención e seguridade dos seus veciños pola crise".
Na área de Pontevedra a repartición por municipio é o seguinte: Cerdedo-Cotobade (151.000 euros), Barro (58.700 euros), Campo Lameiro (46.200 euros), A Lama (76.400 euros), Poio (149.700 euros), Ponte Caldelas (97.700 euros), Vilaboa (78.000 euros), Marín (213.500 euros), Bueu (137.900 euros) e Pontevedra (624.100 euros).
Na comarca de Caldas: Valga (80.400 euros), Pontecesures (48.800 euros), Portas (50.000 euros), Moraña (74.900 euros), Cuntis (90.800 euros), Catoira (213.400 euros) e Caldas (127.900 euros).
Relacionadas:
-
O Concello de Poio repartiu 8.000 euros para axudar ás familias máis necesitadas
Por Redacción |
-
Cuntis e Caldas manteñen activo un servizo de apoio e asesoramento laboral ante a crise sanitaria
Por Redacción |
-
Case 2 millóns de euros da Deputación para facer fronte á crise do coronavirus
Por Redacción |
-
Avalancha de peticións dos concellos ás axudas extraordinarias da Deputación pola crise sanitaria
Por Redacción |
-
Pontevedra prepara un "plan de choque" para reactivar a economía o "día despois" do coronavirus
Por Alejandro Espiño |