Ata 158 marinenses van confeccionar máscaras que o Concello distribuirá entre a poboación
Por Redacción
O Concello de Marín manifesta o seu agradecemento pola satisfactoria resposta que os veciños do municipio tiveron coa campaña de voluntariado para elaborar máscaras. Foron ata 158 persoas as que se inscribiron para realizar este material de protección que posteriormente se repartirá entre a poboación marinense para que dispoña do mesmo unha vez prodúzase a apertura escalada do confinamento.
O Concello fixo entrega aos primeiros voluntarios de máis de sesenta paquetes con tea, fío e gomas e cos que se estima que se poderán conseguir ata seis mil máscaras. Esta cifra irase incrementando a medida que se sigan entregando máis lotes de material.
A colaboración cidadá na campaña está a derivar noutras iniciativas colaborativas a través das redes sociais municipais. Un exemplo son os vídeos titoriais que achegan voluntarios para que outros poidan saber como confeccionar estas máscaras.
Desde a administración local "queremos agradecer profundamente a todas as persoas que se inscribiron na campaña a súa disposición para axudar nestes momentos nos que traballando xuntos superaremos esta situación e conseguiremos que a volta á normalidade sexa máis segura".
Relacionadas:
-
As farmacias de Marín xa dispoñen das primeiras máscaras confeccionadas polo voluntariado
Por Redacción |
-
A área sanitaria retira 12.965 mascarillas con deficiencias
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO TITORIAL.- Así se fai unha mascarilla
Por Oskar Viéitez |
-
Marín desmente un bulo que asegura que autorizará saír a pasear durante o estado de alarma
Por Redacción |
-
O Concello de Marín reactiva as obras de humanización en Concepción Arenal
Por Redacción |
-
Dúas persoas de Marín, con xustificante de desprazamento, sofren improperios desde as casas e padecen unha crise de ansiedade
Por Redacción |