A sensibilidade veciñal permitirá recuperar varios cruceiros centenarios
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará agradeceu públicamente a sensibilidade social e a preocupación veciñal por conservar e recuperar os bens patrimoniais culturais, como foi o caso de Santo André.
Este xoves acudiron as dependencias da Casa Consistorial os veciños de Santo André de Xeve que custodiaron durante un tempo os cruceiros de Gatomorto de Arriba e Gatomorto de Abaixo, que foron entregados ao Concello para a súa restauración.
O presidente da Comunidade de Montes de Santa María de Xeve, Juan José González Crespo, explicou que estos cruceiros foron "vitimas" de accidentes de tráfico ao levar algún golpe por parte dun vehículo.
Luís Bará explicou que dentro do Plan de restauración patrimonial de cruceiros, o Concello dispón neste ano de 50.000 euros que se investirán na restauración dos mentados cruceiros e tamén do de Casal do Mendo de Campañó, que se atopa custodiado no Depósito municipal de arqueoloxía.
Neste acto asinouse un acta de entrega e custodia destes fondos por parte do Concello, e tamén se dará conta á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia de que as pezas están depositadas no Concello e serán restauradas. Ademais da recomposición propia da peza, o concelleiro Luís Bará explicou que nalgún caso haberá que facer alguna actuación na contorna do cruceiro para garantir a súa integridade.
Este tipo de actuación está sendo consensuada coa Dirección Xeral de Patrimonio.
Os tres cruceiros que se someterán a esta restauración nos vindeiros meses son BIC (Ben de Interese Cultural, son todos aqueles que teñen máis de 100 anos), estarán en mans de profesionais acreditados para tratar este tipo de elementos patrimoniais.