O PP aprema o Concello a que poña máscaras ao dispor dos cidadáns
Por Redacción
Pepa Pardo, concelleira do Partido Popular de Pontevedra, apremou este sábado o Concello a que poña ao dispor de todos os cidadáns material de protección contra o coronavirus, especialmente máscaras.
"É fundamental que o organismo local sexa a punta de lanza nesta ofensiva contra a enfermidade. Debe garantir que o maior número de persoas conten coas ferramentas necesarias para non poñer en xogo a súa saúde", sinala a edil popular.
Ademais de máscaras Pardo fai referencia ás luvas de protección, instando o goberno local a que sigan o exemplo de "diferentes concellos da nosa contorna que levan semanas facendo esta repartición, independentemente da cor política".
Segundo a concelleira do principal grupo da oposición municipal a repartición debería realizarse tendo en consideración aos diferentes grupos de risco e colectivos vulnerables, ademais de garantir a protección dos funcionarios máis expostos como a Policía Local, Bombeiros ou o persoal que traballa de fronte ao público.
"Queremos sumar e propuxemos unha batería de accións que se deberían levar a cabo para paliar os efectos da enfermidade na nosa cidade. Defenderemos moitas delas no próximo Pleno municipal porque por encima de todo están os nosos veciños e a súa saúde", concluíu o a súa exposición a representante do Partido Popular de Pontevedra.