A morte dun home de 89 anos en Montecelo eleva a 14 as vítimas do coronavirus
Por Oskar Viéitez
Este sábado o Hospital de Montecelo rexistrou o falecemento dun paciente por coronavirus nas últimas horas, segundo datos da Consellería de Sanidade deste sábado. Trátase dun home de 89 anos.
Tamén este sábado faleceron outras dúas persoas en Galicia, concretamente no Complexo Hospitalario en Ourense, trátase doutro home de 85 e unha muller de 73 anos, a única dos tres pacientes que non contaba con patoloxías previas.
Con estes tres decesos son xa 442 as persoas as que morreron en Galicia por coronavirus, segundo os datos oficiais da Xunta. Este sábado, comunicáronse 13 vítimas mortais, das que 12 morreron en hospitais e unha en residencia.
Tras a actualización de datos, o número de mortes rexistradas en hospitais elévase a 346: 14 persoas na área sanitaria de Pontevedra, 103 na área sanitaria da Coruña, 68 na área de Vigo, 67 na área sanitaria de Ourense, 51 mortes na área sanitaria de Santiago, 21 na área de Ferrol e 22 na área de Lugo.