Vilagarcía queda sen os Maios, o Ágora Vermú, as celebracións de Santa Rita e as Letras Galegas
Por Oskar Viéitez
Finalmente, e como cabía esperar dado o desenvolvemento da pandemia do COVID e das medidas impostas para a súa contención, as actividades culturais, lúdicas e festivas previstas polo Concello de Vilagarcía suspéndense no mes de maio.
As actividades en cuestión son a Festa dos Maios, os concertos ao aire libre do ciclo Ágora Vermú, as actividades de conmemoración das Letras Galegas e mesmo os actos e celebracións do programa das festas de Santa Rita.
A incerteza sobre a data definitiva para o levantamento do estado de alarma nuns casos e as normas de distanciamento social que, de seguro se imporán a continuación, se non as imposibilitaban na súa totalidade, si que impedirán desenrolar todas estas celebracións tal como acostumaban a realizarse, de aí que a concellería de Cultura decidise suspender toda a axenda, como xa fixo coa programación do mes de abril.
Independentemente da festa dos Maios ou da de Santa Rita, que non teñen sentido en datas que non sexan as súas propias, o departamento que dirixe Sonia Outón pretende dar cabida a partir do último trimestre no ano a todas as actividades que se poidan reubicar noutras datas, sempre que a dispoñibilidade das compañías e participantes o permita e, suxeitos en primeira instancia ás normas que impoña o Estado.
Vilagarcía sumase así a outros concellos da comarca e de Galicia que tiveron que ir suspendendo e cancelando festas e celebracións por motivo da crise do COVID. Maila isto, Outón pretende recuperar a actividade cultural tan pronto sexa posible e estanse a estudar novos métodos de promoción e difusión da actividade cultural.
Ademais, dende a concellería aseguran que prestarse especial atención á tratar de reflotar ao sector cultural local, que se verá potenciado tan pronto remate a crise sanitaria.
Relacionadas:
-
Poio non renuncia a quedar sen a súa Festa dos Maios e leva a celebración ás redes sociais
Por Redacción |
-
Suspendida a semana de teatro e o certame musical de "Ben veñas, maio"
Por Redacción |
-
San Cibrán queda sen romaría pero segue espantando o 'meigallo'
Por María José Pita |
-
Ponte Caldelas cancela a Festa da Troita ata 2021 por "responsabilidade"
Por Redacción |