Mesmo número de afectados por coronavirus que o sábado, con 507 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño
Os datos oficiais de afectados polo coronavirus Covid-19 na área sanitaria ofrecidos este domingo 19 de abril pola Consellería de Sanidade confirman a estabilización de casos na comarca.
Estes números reflicten que os casos activos en Pontevedra e O Salnés mantéñense nos 507, os mesmos que 24 horas antes, do mesmo xeito que a cifra de hospitalizados que segue sendo de 35.
A nota negativa das últimas horas foi o falecemento dun home de 89 anos que estaba ingresado en el hospital de Montecelo, e que subiu a 14 a cifra de defuncións asociadas ao Covid-19 na área sanitaria desde o inicio da pandemia.
Nos que respecta aos hospitalizados, 25 deles atópase en planta entre os centros de Montecelo, O Salnés (1) e QuirónSalud Miguel Domínguez, e os 10 restantes permanecen na Unidade de Coidados Intensivos (UCI). As cifras de afectados complétanse coas 472 persoas que se atopan illados nos seus domicilios.
Ademais nas últimas horas tramitouse un alta hospitalaria colocando a cifra total de recuperados nos 144.
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.205, dos que 1.392 son da área da Coruña, 595 da de Lugo, 1.233 da de Ourense, 1.104 da área de Vigo, 1.034 da de Santiago, e 340 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 112 permanecen en UCI, 596 están en unidades de hospitalización e 5.497 no domicilio. Por agora, en Galicia rexistráronse 1.536 altas de pacientes e 444 falecementos.
As PCR realizadas son 63.715.
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais da comunidade supoñen o 4,1% do total das persoas residentes. Hai un total de 1.004 usuarios e 421 profesionais contaxiados e producíronse 98 falecementos en residencias e 94 en hospitais e residencias integradas. Na última xornada producíronse 2 falecementos en centros residenciais, 1 foi na residencia de Moledo (Vigo) e a outra na residencia DomusVi Barreiro (Vigo).
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
O Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
Incremento ata os 535 casos activos de coronavirus na área sanitaria, pero con novo descenso nas hospitalizacións
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria rexistra tan só un novo positivo por coronavirus na última xornada e baixan os pacientes en UCI
Por Natalia Puga |
-
A morte dun home de 89 anos en Montecelo eleva a 14 as vítimas do coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Estabilidade nos datos de coronavirus na área sanitaria: 507 casos activos e 35 persoas hospitalizadas
Por Diego Espiño |
-
A morte dun home de 64 anos eleva a trece os falecidos por coronavirus en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Lixeiro aumento de positivos e novo descenso de hospitalizacións por coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Sanidade confirma o contaxio por coronavirus de 75 sanitarios, dos que 22 se recuperaron
Por Natalia Puga |
-
Descenden os hospitalizados por coronavirus na área sanitaria e tramitan altas a 13 pacientes
Por Natalia Puga |