O PP pide á Deputación que facilite aos concellos máscaras para protexer aos menores
Por Redacción
O portavoz do grupo provincial do PP, Jorge Cubela, solicitou á Deputación de Pontevedra que colabore cos concellos facilitándolles máscaras para os menores, dado que a partir do próximo luns 27 poderán saír de casa.
"As familias están preocupadas en como facelo con todas as garantías de seguridade, e por iso os concellos co apoio da Deputación, deben dar unha resposta urxente. É momento de sumar e traballar todos xuntos", manifesta Cubela.
Critica que unha vez que o Goberno central foi "incapaz" de xestionar a centralización do material, a Deputación "é a única administración na provincia que segue sen repartir nin unha soa máscara, luvas ou outro material de prevención entre os concellos, cando é a administración máis próxima a eles".
Lembra, para ratificar a reclamación, que a Deputación da Coruña gobernada igualmente polo PSOE, reparte 230.000 máscaras entre todos os municipios da súa provincia e a través da plataforma loxística da Xunta; polo que "é difícil de explicar por que uns si colaboran coa Xunta e concellos, mentres outros rexeitan esta posibilidade".
Relacionadas:
-
A Xunta completa o seu terceiro envío de material de protección aos concellos de Pontevedra
Por Redacción |
-
Petición da Deputación á Xunta de 200.000 máscaras para repartir entre menores
Por Redacción |
-
Crear unha marca identificativa, proposta do PP para apoiar o comercio local
Por Redacción |
-
A Deputación propón facer test de coronavirus en empresas con máis de cen traballadores
Por Redacción |
-
O PP pide á Deputación que informe debidamente aos concellos sobre as medidas adoptadas para a loita contra o coronavirus
Por Sara Iglesias |