O Concello de Poio retomará as sesións do goberno local vía telemática
Por Redacción
O Concello de Poio traballa para celebrar en breve plenos, xuntas de goberno e comisións informativas de forma telemática mentres se prolongue o estado de alarma. Para iso estivéronse realizando sesións de proba nas que participaron os catro grupos políticos representados no Consistorio e explicóuselles como utilizar o programa co que se desenvolverán ditas sesións.
A aplicación escollida permitirá que sexan gravadas, de forma que permitirá a súa certificación e tamén a retransmisión da plenos vía streaming a través das redes sociais ou vía Youtube. A primeira das convocatorias que se desenvolverá desta maneira sería a xunta de goberno fixada para o martes 28 de abril. A vía telemática no Concello de Poio xa se empregou para xuntas de portavoces ou a comisión de seguimento do COVID19 e agora ao ampliarse ao resto de sesións permitirá avanzar en xestións municipais que estaban paralizadas desde mediados de marzo.
Desinfeccións no rural
O Concello continúa tamén coa limpeza e desinfección de estradas do rural que están a ser un reforzo ás actuacións que realiza a empresa que xestiona o servizo de limpeza en Poio, Valoriza. Estes labores están a ser executadas por operarios do Concello, Protección Civil e voluntarios que ofreceron os seus tractores para colaborar nestes traballos.
Día do Libro virtual
Doutra parte, e con motivo da celebración o próximo 23 de abril do Día Internacional do Libro organizouse un photocall interactivo aberto a toda a poboación de Poio que queira participar a través do perfil oficial de Poio. Quen participe han de colgar fotografías nas que aparezan lendo, mostrando os seus libros favoritos ou mesmo disfrazados de personaxes literarios.
As imaxes deber estar acompañadas do hashtag #fotolibro2020 e etiquetar a Poio Cultura. As fotografías participarán nun concurso e resultará gañadora a que maior número de likes consiga. Pódese participar entre o 21 e o 24 de abril inclusive. Os premios consistirán en tres lotes con diferentes exemplares de libros.
Relacionadas:
-
Poio reforzará o servizo de limpeza para garantir a seguridade durante os paseos dos nenos
Por Redacción |
-
Cultura de Poio investirá os premios en metálico de actividades suspendidas en axudar o sector artístico
Por Redacción |
-
Vinte e catro familias sen recursos do municipio de Poio están a recibir material escolar
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Poio repartiu 8.000 euros para axudar ás familias máis necesitadas
Por Redacción |
-
Mapa interactivo cos establecementos operativos en Poio
Por Redacción |