O Concello de Marín colabora cos centros educativos para proporcionar material e ferramentas aos alumnos
Por Redacción
O Concello de Marín mantén unha comunicación fluída e constante cos directores dos centros educativos públicos do municipio. A concelleira de Educación, Marián Sanmartín, é a encargada de poñer todos os medios ao seu alcance para resolver as necesidades que plantexan os alumnos para poder seguir a distancia a docencia da mellor forma posible.
Naqueles casos nos que as familias precisan a dotación dalgún material didáctico para que o alumnado poida executar os deberes e traballos encargados polos profesores, o Concello ofrece a intervención da Policía Local, Protección Civil ou mesmo o persoal de conserxería para proporcionar o devandito material.
Tanto as directivas dos centros como o Concello coinciden na necesidade de priorizar os medios telemáticos e as novas tecnoloxías á hora de expor tarefas ao alumnado para reducir ao máximo a dependencia das impresións en papel. Con todo, naqueles casos nos que a conectividade dos fogares é insuficiente para poder realizar as tarefas educativas coa calidade necesaria contactouse con empresas de telefonía para tratar de dar unha solución aos afectados, especialmente nos cursos máis avanzados nos que a dependencia dunha conexión a Internet é maior.
Relacionadas:
-
A 'profe Pilar' asómase á xanela para poder ver 'os seus' nenos mentres poden saír a pasear
Por Marisa Ciordia |
-
As farmacias de Marín xa dispoñen das primeiras máscaras confeccionadas polo voluntariado
Por Redacción |
-
Marín desmente un bulo que asegura que autorizará saír a pasear durante o estado de alarma
Por Redacción |
-
A 67 edición do concurso de maios e embarcacións de Marín realizarase de maneira online
Por Redacción |