Os nenos de Moraña reciben o diploma da cuarentena
Por Redacción
O Concello de Moraña acaba de iniciar o reparto domiciliario de mascarillas reutilizables entre os seus case 4.200 veciños co obxectivo de favorecer a protección da súa saúde nas saídas que teñan que realizar no marco da actual crise sanitaria do coronavirus. Así mesmo, e como apoio aos cativos tras seis semanas de confinamento, tamén se incluíron uns diplomas de agradecemento polo seu comportamento responsable durante este peche domiciliario.
A alcaldesa, Luisa Piñeiro explicou que o Concello deseñou un protocolo de seguridade consistente na introdución das mascarillas que corresponden a cada casa nun sobre que se deixa, sempre que sexa posible, no buzón co obxectivo de manter a distancia social e evitar ao máximo o contacto físico. Este reparto, no que tamén se está a implicar a rexedora para axilizalo e deixalo listo nesta mesma semana, realízase en man cando a vivenda carece de buzón ou por circunstancias análogas.
Dentro do sobre tamén figuran un protocolo informativo sobre as características técnicas e o modo de emprego destas mascarillas, que son hixénicas reutilizables e admiten ata cinco lavados, que deben efectuarse cunha temperatura mínima de 60 grados procedendo ao seu posterior secado ao aire. Ademais, insístese nestas recomendacións en que é fundamental manter unha distancia social de alomenos dous metros e que a hixiene de mans debe ser unha constante.
Paralelamente, a alcaldesa anunciou que este lote xeral para a cidadanía completarase, a partires da vindeira semana, coa distribución de mascarillas infantís para os 436 nenos de entre 0 e 12 anos co obxectivo de reforzar a súa protección ante o permiso de saída para pequenos paseos que terán dende este domingo. "Aínda que xa reciben as súas mascarillas como calquera outro veciño, imos redobrar esta acción con outras máis acaídas para eles, que ademais cobran moito sentido xa que van comezar a saír á rúa e temos que coidalos", detallou Piñeiro.
Estes lotes para os veciños están financiados integramente polo Concello de Moraña, que decidíu destinar os materiais aportados pola Xunta ao persoal municipal, do Servizo de Axuda no Fogar, comerciantes en activo e persoas maiores en situación de vulnerabilidade.
Relacionadas:
-
Mulleres en Igualdade de Poio e a Garda Civil, premian aos nenos cun diploma polo seu bo comportamento
Por Redacción |
-
Moraña comeza a repartición de máscaras para os menores de once anos
Por Redacción |
-
Préstamo a domicilio de libros no concello de Moraña
Por Redacción |
-
Conexión a internet e equipos informáticos para escolares de Moraña sen recursos
Por Redacción |
-
Reanúdase a rehabilitación do Centro Social de Alende en Moraña
Por Redacción |
-
Moraña reforza o Servizo de Axuda no Fogar pola crise do coronavirus e suma sete novos usuarios
Por Redacción |