Consome produtos do mar para garantir emprego e riqueza galega: #QuedaCoNosoMar
Por Redacción
O Grupo de Acción Local de Pesca, GALP, Ría de Pontevedra súmase ao resto de Grupos de Galicia e España na campaña 'Queda na casa, queda co noso mar' que pretende dar a coñecer a situación en que se atopa este sector ante a conxuntura sanitaria, social e económica provocada polo COVID19. A difusión da iniciativa vén acompañada do hagstag #QuedaCoNosoMar
A tesitura actual conlevou paros no sector do mar de ata o 70%, consecuencia da paralización da canle da hostalería e a restauración, da caída do consumo doméstico nestas semanas de confinamento, ou da propia falta de equipos de protección individual para estes profesionais.
O presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez, afirma que "son días moi complicados para o sector, do que viven directamente 22.000 persoas en Galicia", ata 100.000 de forma indirecta. Xera unha riqueza que supera os 1.100 millóns de euros, o 2% do PIB galego.
No caso da provincia de Pontevedra, a pesca artesanal e as lonxas están a funcionar ao 60-70% da súa actividade habitual e a maior parte do marisqueo está paralizado. Precisamente María del Carmen Vázquez, presidenta do GALP Ría de Pontevedra é patroa maior de Lourizán e engade que "o marisqueo á flote e a pé en Lourizán están pechados ao non poder garantir a seguridade das mariscadoras e debido á caída da demanda do marisco polo peche da hostalería e a restauración".
Os GALP, son entidades sen ánimo de lucro que colaboran coa Xunta como axentes para un desenvolvemento participativo do sector, así como no control e xestión de axudas para o primeiro obxectivo.
Relacionadas:
-
Dous proxectos da ría de Pontevedra, recoñecidos polas súas boas prácticas en igualdade
Por Redacción |
-
As confrarías de pescadores din estar "desamparadas" polas administracións públicas
Por Oskar Viéitez |
-
A comida a domicilio, sustento da restauración: "Non temos outra cosa para saír adiante"
Por Alejandro Espiño |
-
As lonxas recibirán máscaras para previr contaxios durante as poxas
Por Redacción |
-
As prazas e mercados de abastos non escapan á crise derivada da corentena
Por Redacción |