O PP pide que se renove a actividade política no Concello de Pontevedra
Por Redacción
A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo, en representación do Grupo Municipal do Partido Popular, rexistrou un escrito no que solicita ao Concello de Pontevedra que proceda á continuación da actividade política a través da celebración das Comisións Informativas e Plenos ordinarios de maneira telemática.
"O Concello debe retomar a súa actividade política a través de comisións e plenos, entre outros, xa que é fundamental que a oposición poida levar a cabo o seu dereito de participación política e o control das decisións do Goberno local". Pardo solicitou a celebración de todos os Órganos Colexiados vía telemática, co fin de retomar "o curso habitual da actividade política en Pontevedra".
"É fundamental que o Concello active as habituais canles democráticas e convoque o Pleno ordinario", destacou Pardo, que avanzou a intención de grupo popular de levar a Pleno as súas propostas para paliar o "duro golpe que provoca o coronavirus as familias de Pontevedra".
"Mostramos nosa firme vontade de colaborar lealmente co Concello, pero tamén esiximos que se nos permita realizar a nosa función como oposición e así poder exercer o noso dereito de participación política", destacou a popular, que lembrou que estamos diante dunha "situación excepcional debemos remar xuntos, pero iso non impide que levemos a cabo a actividade política a través dos medios telemáticos pertinentes".