Incremento ata os 535 casos activos de coronavirus na área sanitaria, pero con novo descenso nas hospitalizacións
Por Diego Espiño
Repunte de casos positivos por coronavirus na comarca nas últimas 24 horas, aínda que iso non se traduciu nunha maior presión hospitalaria ao diminuír o número de ingresados en Pontevedra e O Salnés por esta causa.
Segundo os datos oficiais ofrecidos este xoves 23 de abril pola Consellería de Sanidade, a área sanitaria rexistra 535 casos activos de Covid-19, o que supón 15 máis que o mércores. Con todo as hospitalizacións descenderon a 30 persoas, 3 menos, con pacientes atendidos nos servizos de planta de Montecelo, O Salnés (1) e QuirónSalud Miguel Domínguez.
A cifra de hospitalizados complétase cos 5 afectados de coronavirus que evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), unha menos que o día anterior. O resto de 505 casos positivos atópanse nos seus domicilios.
Desde o inicio da alerta sanitaria faleceron na área sanitaria 15 persoas, a última este mércores, un home de 68 anos que estaba ingresado en Montecelo.
En canto ás recuperacións, as altas hospitalarias ascenden a 153 tras un incremento de 4 no balance oficial deste 23 de abril.
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.637, dos que 1.550 son da área da Coruña, 627 da de Lugo, 1.301 da de Ourense, 1.164 da área de Vigo, 1.078 da de Santiago, e 382 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 92 permanecen en UCI, 568 están en unidades de hospitalización e 5.977 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.676 altas de pacientes e 492 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 76.129 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais supoñen o 3,7% do total das persoas residentes. En total, contabilízanse 900 positivos en usuarios e 360 en profesionais. Faleceron 116 persoas en residencias e 110 en hospitais e residencias integradas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
O Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
A área sanitaria inicia a semana con 569 casos activos de coronavirus, un máis que o domingo
Por Diego Espiño |
-
Mesmo número de altas e novos positivos por Covid-19 nas últimas horas, con 568 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Estabilidade nos pacientes hospitalizados mentres os casos activos seguen crecendo ata 550
Por Natalia Puga |
-
Un home de 68 anos convértese no falecemento número 15 por coronavirus na área sanitaria
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Dous pacientes menos en UCI na área sanitaria, que suma 515 casos activos
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria rexistra tan só un novo positivo por coronavirus na última xornada e baixan os pacientes en UCI
Por Natalia Puga |
-
Mesmo número de afectados por coronavirus que o sábado, con 507 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |