"Sentido común e escepticismo son as nosas máscaras e luvas na Rede"
Por Redacción
Computadores, tablets, móbiles... os dispositivos con conexión a internet son máis que nunca a ponte de comunicación co exterior. "Na situación de confinamento que estamos a sufrir todos, internet é esa xanela onde nos dá o aire fresco e retomar as necesidades sociais; por iso o sentido común e o escepticismo son as nosas máscaras e luvas na Rede" explica o comandante Álvaro Fernández da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
No caso dos menores de idade esa conexión virtual coa súa contorna social "tamén conleva un risco especial" e para lograr unha "capa extra de prudencia hai que vixiar que non publiquen en páxinas de contacto para adultos e vixiar os seus perfís nas redes sociais" de forma que non estean abertos a calquera usuario e non subir contidos de carácter íntimo. Unhas recomendacións presentes e reiteradas en calquera momento.
Outra circunstancia que calquera pode constatar estas semanas corresponde a vídeos que a través de redes sociais fanse virales e teñen como protagonistas aos menores realizando actividades ou as súas reaccións durante o confinamento. Vídeos difundidos polos adultos e sobre os que o comandante Fernández sinala: "os pais teñen que preocuparse previamente de dicir aos compoñentes do grupo ao que o envían que é algo restrinxido ao mesmo, porque no momento que se reenvía a un terceiro perdemos totalmente o seu control. Se non temos a plena confianza que non sairá dese grupo, o mellor é non mandalo".
Doutra parte, en canto a seguridade de e na Rede, o portavoz do Corpo Armado sinala que "segue sendo a mesma que anteriormente ao estado de alarma. O que sucede é que os ciberdelincuentes son conscientes que internet e as redes sociais están a usarse moito máis e por tanto teñen maior número de potenciais vítimas".
Por tanto - mesmo vía telefónica - a recomendación é non responder a ofertas tentadoras que cheguen, cotexalas coa empresa concreta á que fagan referencia e nunca ceder datos persoais. Como dato positivo a estes aspectos "si que se está detectando que o instinto de autoprotección da xente parece ser maior nestes momentos".
Relacionadas:
-
Axudan ás familias para que os menores da casa fagan un uso seguro de internet
Por Oskar Viéitez |
-
A ciberdelincuencia non para de crecer e é xa o delito máis numeroso en toda a provincia
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: 'Sentidiño na rede' e cos regalos tecnolóxicos de Nadal
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Proxecto 'Redes', unha iniciativa colectiva para resolver problemas sociais e educativos en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |