Marín prepara os seus parques infantís para cando comece o desconfinamento
Por Redacción
O Concello de Marín xa traballa coa vista posta no inicio do proceso de desconfinamiento. Aínda que o acceso aos parques infantís do municipio seguirán pechados a partir do domingo a pesar de que se permita aos nenos saír a pasear, o goberno local quere ter todas as súas instalacións a punto para que poidan ser utilizadas pola cidadanía tan pronto como estea permitido.
Esta semana os operarios municipais comezaron a traballar nos 18 parques infantís máis usados do municipio. "Son os que máis uso teñen e por tanto os que máis danos presentan", explica a concelleira de Turismo e Parques, Cristina Acuña.
Entre os labores que realizan os traballadores figuran reparacións de elementos de xogo danados, renovación de pezas, limpeza de pavimentos, tratamento de madeira e chorreo das instalacións para limpar todas as superficies, uns baldeos que en ningún caso substitúen a "as limpezas específicas e regulares de desinfección", que volverán efectuarse unha vez se reabran estas instalacións.
Coa mirada posta no domingo, o goberno local está a levar a cabo unha mobilización de limpeza para ter as rúas no mellor estado posible na xornada na que os menores de 14 anos poderán saír por primeira vez desde o 13 de marzo a dar un pequeno paseo ao redor das súas casas. O obxectivo do goberno local é cumprir con todas as recomendacións sanitarias de prevención de contaxios.
Para executar estes traballos, os efectivos das brigadas municipais están a organizar o seu traballo en quendas e por zonas para cubrir o maior espazo posible. Aínda así, para a propia xornada do domingo está prevista unha intensificación da campaña tanto no centro urbano como no rural.
Con esta nova medida de desescalada, o Concello apela á colaboración cidadá para que se cumpran todas as medidas preventivas de carácter individual, e insisten en que os parques infantís seguirán clausurados.
Relacionadas:
-
O BNG pide o peche dos parques infantís de Marín polo aumento de casos de Covid-19
Por Redacción |
-
A desinfección de espazos públicos chega aos núcleos rurais de Marín
Por Redacción |
-
O PP pide que as tarefas de desinfección da Deputación continúen tras o estado de alarma
Por Redacción |
-
Os nenos de Marín ademais de dar un paseo poderán recibir un diploma o vindeiro domingo
Por Redacción |
-
Marín desmente un bulo que asegura que autorizará saír a pasear durante o estado de alarma
Por Redacción |