Barro reparte máscaras hixiénicas entre os nenos do municipio de cara ao inicio das súas saídas o domingo
Por Redacción
O Concello de Barro, que leva semanas elaborando máscaras hixiénicas para repartir a toda a veciñanza, decidiu nos últimos días mercar 1.000 unidades de máscaras hixiénicas de máxima calidade pensando tamén nos máis pequenos. As pezas foron adaptadas polas costureiras para catro talles diferentes e distribuiranse aos nenos nos seus domicilios antes do vindeiro domingo, primeiro día en que poderán saír a pasear unha hora acompañados dun adulto.
O Concello repartiu ata o pasado mércores máscaras entre toda a veciñanza. Para elaboralas, mercou 4.100 teas homologadas de TNT (téxtil non tecido) de acordo coa Guía técnica do Ministerio de Industria e foron confeccionadas por 15 costureiras voluntarias.
O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, quere agradecerlle o seu "gran esforzo e traballo desinteresado" a estas costureiras, que fixeron posible que en poucos días as máscaras estiveran elaboradas e distribuídas entre a poboación.
Esta é unha medida máis das que está tomando o Goberno municipal para evitar a propagación da pandemia en Barro xunto coa desinfección dos lugares máis sensibles de todo o concello; coas axudas a todas aquelas familias que peor o están pasando economicamente; co reparto de materiais educativos ou co servizo ás persoas que o necesitan para realizar actividades cotiás que non poden realizar por si mesmas.
Relacionadas:
-
As costureiras solidarias de Barro pasan a ser asociación e implícanse en axuda da cambadesa Merchi Álvarez
Por Redacción |
-
Barro axuda a familias necesitadas con vales de compra para alimentos, produtos de hixiene e farmacéuticos
Por Redacción |
-
As farmacias de Pontevedra informan dos novos prezos das máscaras e xeles
Por Redacción |
-
Bueu alerta das medidas a adoptar a partir do domingo nas saídas de menores de 14 anos
Por Redacción |
-
Desde Poio tamén se organizaron costureiras altruístas
Por Redacción |
-
A fábrica de mobles Pomasa doa 110 equipos de protección individual ao Hospital Provincial
Por Manu Otero |