Satse recrimina que a Xunta non reforce o persoal sanitario da residencia de Campolongo
Por Redacción
O Sindicato de Enfermería SATSE recrimina á Xunta que non se reforzou o persoal enfermeiro na Residencia de Maiores de Campolongo en Pontevedra, a pesar de solicitalo ao departamento de Polícia Social. Como indican "solicitouse un reforzo do persoal asistencial que se denegou, algo que creou perplexidade e descontento entre o persoal sanitario".
Neste período de estado de alarma, si se incrementou o persoal non asistencial para atender a sobrecarga laboral, así como un médico unha auxiliar de enfermería, como sinala o sindicato. Así, expoñen que o persoal enfermero segue sendo o mínimo esixido pola cociente establecida, isto é dúas enfermeiras para a quenda de mañá, outras dúas para o de tarde e unha parte a quenda de noite para atender a preto dun centenar de usuarios, a maioría dependentes.
As circunstancias que fixeron que ata a data este centro de atención a persoas maiores non rexistrase ningún caso positivo por COVID estriba en: a aplicación de protocolos estritos por parte do persoal sanitario, a formación ao resto do persoal e manter un bo stock de material a pesar da escaseza do mesmo.
A pesar de todo este esforzo, denuncian e lamentan que "non se viu compensado co máis básico, reforzo de profesionais sanitarios e material de protección suficiente".
Relacionadas:
-
SATSE denuncia un peche de camas "aleatorio" na área sanitaria de Pontevedra
Por Redacción |
-
Satse advirte a Sanidade de fomentar o intrusismo ao outorgar competencias a profesionais da Educación Física para deseñar programas de saúde
Por Redacción |
-
Denuncian a "actitude ditatorial e tiránica" da dirección da Residencia de Maiores de Campolongo
Por Redacción |
-
Técnicos de Emerxencias Sanitarias reclaman test do Covid-19 ao ser o primeiro contacto con posibles contaxiados
Por Redacción |
-
A residencia de maiores de Ribadumia está libre de coronavirus
Por Redacción |
-
Avós, estas sirenas soan para vós!
Por Redacción |