A CEMMA segue achegando a vida dos mamíferos mariños desde o confinamento
Por Marisa Ciordia
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños segue traballando desde o confinamento e con sálidas unicamente para casos de varamentoes que se poidan producir. Nesta actividade de portas dentro, continúan con actividades internas da propia Coordinadora e tamén co seu labor divulgador a través das súas redes sociais.
A través do seu perfil de Facebook, propoñen iniciativas participativas para os seus seguidores, a máis inmediata para este venres 24, a partir das 18.00 horas. Trátase dunha charla-debate en directo sobre os mamíferos mariños no Cantábrico na que participa Luís Laría, da Coordinadora para o Estudo e Protección das Especies Mariñas e Enrique Franco da Sociedade para a Conservación da Fauna Mariña AMBAR.
Sobre a vida no mar a información que reciben é dos mariñeiros que saen a faenar e de particulares que "agora como teñen tempo libre, detéñense a mirar polas xanelas e atópanse, por exemplo con casos de golfiños no río Lérez. Son casos que se dan todos os anos, con maior ou menor frecuencia; pero nos que agora se fixan máis", explica Alfredo López, biólogo da CEMMA.
Mentres en terra hai diversas especies que están a saír dos seus hábitats naturais e entrando en contornas urbanas, no caso destes animais mariños "non está a suceder nada estraño ao que xa había ou ao seu comportamento habitual. Estes días enviáronnos o avistamento dun momo na ría de Vigo, é inusual, pero todos os anos na primavera hai algún caso en Galicia".
O que si estarán "é máis tranquilos, porque aínda que entren nos portos, como os arroaces, adoitan estar moi angustiados coas embarcacións; entón agora aínda que estean nos mesmos sitios de antes, máis tranquilos seguro que están", di este biólogo.
Outra evidencia é que esta tesitura de confinamento, como sucede coa atmosfera, á costa e as súas augas vai reportar unha mellora "sen dúbida, porque o uso da costa degrádaa, co lixo que se tira, pisando máis, ou siemplemente cando os nenos collen pececillos; entón dalgunha maneira, si que vai influír en que as cousas de forma natural vaian desenvolvéndose e recuperándose nalgunhas zonas, sen dúbida".
Ademais desas propostas didácticas, aproveitan estas semanas para ordenar información, revisar bases de datos, avanzar en traballos científicos "aos que normalmente só pódeslle dedicar un par de horas á semana" e que refiren por exemplo, aos varamentoes no últimos trinta anos, o impacto de plásticos nos cetáceos, ou unha recompilación dos lobos mariños.
Relacionadas:
-
O CEMMA alerta da entrada en tempada de varamento de lobos mariños nas praias e pide colaboración cidadá
Por Redacción |
-
Piden á cidadanía que avise o 112 en canto vexa algunha situación anómala de cetáceos na ría
Por Redacción |
-
A tartaruga Abanqueiro, intoxicada por plásticos mariños, pon rumbo ao Caribe desde O Grove
Por Redacción |
-
Nova gran operativa de graneis no Porto de Marín
Por Redacción |
-
As Rías Baixas acollen un proxecto para reducir a mortalidade de golfiños e marsopas
Por Oskar Viéitez |
-
Alerta de varamento masivo de golfiños comúns na Ría de Arousa
Por Redacción |
-
RADIO.- S.O.S. de arroaces, caldeiróns e outros cetáceos nas Rías Baixas
Por Marisa Ciordia |