A Xunta completa o seu terceiro envío de material de protección aos concellos de Pontevedra
Por Redacción
Nova entrega da Xunta de Galicia, a través da delegación territorial de Pontevedra, de material de protección fronte á Covid-19 para os concellos da provincia, aos que xa lles foron entregadas 359.000 unidades desde o inicio da crise sanitaria.
O delegado territorial, José Manuel Cores Tourís, detallou que ata o momento foron entregados en 47 concellos por parte do goberno autonómico: 127.680 pares de luvas, 79.000 máscaras, 5.800 traxes, batas e produtos de desinfección. No terceiro envío, que acaba de levarse a cabo, engádense 16.300 pares de luvas. 16.200 máscaras e 500 produtos de limpeza.
Na comarca de Pontevedra, Marín e Bueu repartíronse un total de 57.378 unidades de material de protección: 34.800 luvas; 21.473 máscaras e 1.105 traxes. Na do Salnés, 39.775 unidades: 24.550 luvas; 13.780 máscaras e 1.445 traxes. Mentres que na de Caldas, 22.591 unidades formadas por 13.000 luvas; 8.850 máscaras e 741 traxes.
O material está a ser destinado aos concellos para o uso do persoal de Servizo de Axuda non Fogar, Protección Civil, Policía Local ou outros servizos municipais esenciais.
Desde a Xunta remarcan que todo o material entregado cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións.
Relacionadas:
-
A Xunta fai balance de reparto de material de protección: 154.000 en Pontevedra, Umia e O Salnés
Por Redacción |
-
As farmacias de Pontevedra informan dos novos prezos das máscaras e xeles
Por Redacción |
-
A Xunta destina un millón de euros para a reforma do firme de estradas de Pontevedra, Caldas e O Salnés
Por Redacción |
-
O PP pide á Deputación que facilite aos concellos máscaras para protexer aos menores
Por Redacción |
-
A Xunta reparte 332.000 máscaras de protección entre as empresas da provincia
Por Redacción |