A Xunta destina un millón de euros para a reforma do firme de estradas de Pontevedra, Caldas e O Salnés
Por Redacción
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica este venres 24 de abril o anuncio por parte da Xunta de Galicia da licitación das obras para mellorar o firme en estradas de titularidade autonómica das comarcas de Pontevedra, O Salnés e de Caldas de Reis. O investimento previsto ascende a un millón de euros.
Agora, as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o próximo 20 de maio para realizar unhas obras que contarán cun prazo de execución de catro meses. A intención por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é que estes traballos se realicen ao longo de 2020.
A proposta contempla a mellora do firme en varios tramos das estradas PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309 durante o seu percorrido polos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio.
Nestes tramos, a Xunta sinala que a capa de rodadura se atopa deteriorada e a intención é reforzala para mellorar a seguridade na circulación. Ademais, está prevista a reposición de sinais horizontais en diversos puntos.
Na estrada PO-223 entre Pontevedra e Campo Lameiro realizarase o fresado e a mellora do firme ao longo de 12 quilómetros coa renovación das marcas na calzada.
Entre Ponte Bora e San Antoniño, da estrada PO-224 á N-550, rehabilitarase o firme en dous tramos e renovaranse tamén as marcas. A mesma operación realizarase entre Mosteiro e Cambados, entre Saiar e Vilagarcía e entre Pontevedra e A Lanzada. As marcas viarias tamén se renovarán na PO-309, en Poio Sur.
A Xunta anuncia que, con esta iniciativa, se quere retomar a actividade nos procedementos administrativos de licitación e adxudicación das obras para impulsar a actividade económica.
Relacionadas:
-
As obras de reforzo do firme en estradas de Pontevedra, Caldas e O Salnés obrigarán a regular o tráfico durante tres semanas
Por Redacción |
-
14 empresas aspiran a mellorar o firme de estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Por Redacción |
-
A Xunta adxudica a obra para mellorar a iluminación da rotonda elevada de Mollavao
Por Redacción |
-
As eleccións non están na axenda de Feijóo, que pedirá que se poida saír a facer deporte de forma individual
Por Natalia Puga |
-
A Xunta completa o seu terceiro envío de material de protección aos concellos de Pontevedra
Por Redacción |
-
Empresas das provincia solicitaron á CEP ata medio millón de máscaras de protección
Por Redacción |