Remata a mellora de camiños en Santomé e Ardán
Por Redacción
Finalizaron os traballos de reforma de tres camiños do rural de Marín. O concelleiro Pablo Novas, encargado do Rural, indicaba este venres que os traballos se executaron no Camiño da Barronca e en Allariz, na parroquia de Santomé de Piñeiro, e tamén no Camiño de Moledo, en Ardán.
As obras realizadas centráronse en formigonar estas vías. A intención do goberno local era mellorar o seu aspecto e a súa utilidade. No Camiño da Barronca instalouse tamén un canlón mentres que nos outros dous se deixou todo previsto para as acometidas domiciliarias de augas e de gas. Tamén no Camiño de Moledo tentouse mellorar a pendente que existía, moi empinada, segundo os veciños.
Novas explicaba que os residentes na zona do Camiño da Barronca reclamaban esta reforma xa que se trata dun espazo moi utilizado como atallo para a recollida de escolares que proceden da parada de autobús. O orzamento desta obra superaba os 7.700 euros, mentres que o Camiño de Moledo contaba cun importe de 7.000 euros e a súa mellora permite acceder a catro vivendas da zona.
Por último, o camiño rehabilitado en Allaríz contaba con moito tránsito de persoas e conectaba outras tres vivendas, ademais de dar acceso a unha casa de Turismo Rural. O orzamento superou os 10.300 euros.
Relacionadas:
-
Marín inicia a pavimentación de certos tramos de rúas do casco urbano
Por Redacción |
-
Marín reforma a cuberta e a contorna do lavadoiro do río de Casás
Por Redacción |
-
Rematan as obras na parroquia de San Xulián e comezan no vial das praias
Por Redacción |
-
O Concello de Marín pon en marcha unha rolda de asfaltado no rural
Por Redacción |