APE Galicia entrega 123.000 máscaras de protección a autónomos e pequenas empresas
Por Redacción
A Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia) en colaboración coas asociacións vinculadas sumouse ao programa de adquisición de máscaras de protección dentro do plan establecido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co IGAPE.
Con esta iniciativa preténdese dotar deste elemento de seguridade ante a pandemia do Covid-19 ás persoas asociadas a APE Galicia por prezos económicos. Repartíronse xa 123.000 máscaras de protección e estase á espera de achegar outras 20.000 máis entre persoas que forman parte das distintas asociacións que integran APE-Galicia.
José Ramón Caldas, presidente deste colectivo, indica que a medida foi moi ben acollida dentro das persoas que forman parte da asociación e responde á demanda de numerosos autónomos que atopaban dificultades para conseguir material de protección.
Desde APE-Galicia tamén se está a trasladar información sobre as recomendacións preventivas de saúde laboral ante a expansión do coronavirus. Trátase da guía elaborada polo ISSGA a través da que o colectivo tenta informar aos autónomos.
Desde esta asociación lembran ao sector que se manteñen activos para colaborar nas medidas necesarias para abordar o actual estado de alarma e a progresiva reincorporación á actividade laboral.
Relacionadas:
-
As farmacias de Pontevedra informan dos novos prezos das máscaras e xeles
Por Redacción |
-
Empresas das provincia solicitaron á CEP ata medio millón de máscaras de protección
Por Redacción |
-
A Xunta reparte 332.000 máscaras de protección entre as empresas da provincia
Por Redacción |
-
A Xunta subministrará a prezo de custo máscaras e luvas a empresas e autónomos dos sectores esenciais
Por Oskar Viéitez |