O Goberno autorizará paseos e saír a facer deporte a partir do 2 de maio se se contén a pandemia
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Se a evolución da pandemia do coronavirus "prosegue nun sentido positivo" en España durante a próxima semana, a partir do próximo 2 de maio producirase unha relaxación das medidas de confinamento en vigor desde o 14 de marzo e, a partir do 2 de maio, autorizaranse paseos e saídas para facer deporte.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este sábado que se autorizará aos cidadáns saídas "para realizar actividad física individual y paseos con las personas con las que convivimos".
Eses paseos e saídas serían "siempre con las condiciones que nos marquen las autoridades sanitarias" atendendo a unha orde que publicará nos próximos días o Ministerio de Sanidade.
Sánchez quixo ser prudente e, en todo caso, reiterou que esta orde de Sanidade ditarase "si la evolución de la epidemia es favorable".
O presidente do Goberno tamén anunciou que o vindeiro martes o Consello de Ministros aprobará o plan de desescalada, que será "gradual". "No vamos a recuperar de golpe toda la actividad y movilidad social. La vamos a hacer por etapas", explicou.
Ademais, será unha desescalada "asimétrica" que "dependerá del territorio en el que uno viva", pois, tal e como lembrou, a epidemia "se trasmitió de forma dispar" e "si algo ha demostrado esta epidemia es que no atiende a lindes interprovinciales".
O Goberno leva tres semanas traballando nese plan de desescalada e explica que está baseado no criterio dos expertos e que seguirá tres criterios, a gradualidad, a territorialidade e a coordinación. En relación con este último aspecto, deu a coñecer que o Goberno se coordinará coas comunidades autónomas e as comunidades coas deputacións e os concellos.
Relacionadas:
-
As visitas a casa de familiares e amigos, se viven na mesma provincia, serán posibles desde o 11 de maio
Por Alejandro Espiño |
-
As librarías e os museos, os primeiros en abrir no sector cultural; cines e teatros terán que esperar
Por Alejandro Espiño |
-
Comercios, hoteis e bares con terraza abrirán o 11 de maio; restaurantes, a finais de mes
Por Alejandro Espiño |
-
Non haberá clases presenciais ata setembro e os colexios só abrirán "como excepción"
Por Alejandro Espiño |
-
Sánchez sitúa a "nova normalidade" a finais de xuño tras unha desescalada en catro fases
Por Alejandro Espiño |
-
Feijóo propón unha desescalada por áreas sanitarias
Por Oskar Viéitez |
-
As eleccións non están na axenda de Feijóo, que pedirá que se poida saír a facer deporte de forma individual
Por Natalia Puga |
-
O Goberno rectifica e os menores de 14 anos poderán saír da casa a pasear
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Feijóo ve "razoable" pensar na desescalada e en incrementar a actividade económica en Galicia
Por Diego Espiño |