VÍDEO.- O incansable traballo de Protección Civil de Cuntis cada noite para protexer aos veciños ante o coronavirus
Por Redacción
"Polas mañás facemos alimentos, medicinas e persoal ao centro médico. Pola tarde facemos alimentos, medicinas e se podemos mascarillas, e pola noite limpeza"..
Con esas palabras Miguel Couto, xefe do Servizo de Emerxencias de Cuntis, explica o incansable labor que realiza o persoal do servizo cada xornada para manter baixo control ao Covid-19.
Os efectivos de Protección Civil desinfectan todas as noites os lugares máis concorridos da localidade, ademais dos contedores de lixo con especial atención aos que acollen residuos de persoas que poden estar infectadas.
"Por ter o Covid19 aquí ninguén é un apestado nin moito menos", sinala Couto para explicar despois que empregan cada día unha mestura desinfectante de 100 litros de auga e 4 litros de cloro.
"Sempre que vimos fumigar, á hora que veñamos, sempre están a aplaudir, a darnos ánimos... é unha pasada", recoñece pola súa banda Cristina Alonso.
Cun vídeo quixeron ensinar o traballo que desempeñan nunha época tan complicada como a actual, un momento no que "o máis importante de todo esto é que quededes na casa e aqueles que teñades que sair que manteñades unha hixiene sobre todo nas mans, e que tomendes medidas de protección", afirma a modo de conclusión o alcalde, Manuel Campos.
Relacionadas:
-
Novo vehículo para Protección Civil de Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis fomenta o comercio dixital para atraer clientes ás tendas locais
Por María José Pita |
-
A atención ao público regresa ao Concello de Cuntis aínda que só para casos urxentes
Por Redacción |
-
Datos especifícos de contaxios en cada municipio, petición do alcalde de Cuntis á Xunta
Por Redacción |
-
Cuntis usa unha rede propia de comunicacións para coordinar os servizos de emerxencias
Por Redacción |
-
Candeas desde a fiestra e felicitación colectiva polos 100 anos de Ramona Espiño en Cuntis
Por Redacción |
-
Manuel Campos, alcalde de Cuntis: "O de Cuntis é un pobo forte e demóstrao sempre ante a dificultade"
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Cuntis continúa coa desinfección dos principais lugares de paso
Por Redacción |