A Xunta adxudica a obra para mellorar a iluminación da rotonda elevada de Mollavao
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Movilidad adxudica as obras de renovación e instalación de nova iluminación na glorieta elevada de Mollavao, no inicio da variante de Marín. Adxudicada á empresa Aopil SL por un importe de máis de 43.000 euros, as obras comezarán nas próximas semanas e teñen un prazo de execución de dous meses.
O obxectivo do proxecto é a mellora do sistema de iluminación da ligazón de conexión entre a variante de Marín e a estrada PO-11, no seu punto quilométrico 0, para reforzar a seguridade viaria na contorna desta glorieta elevada. Está previsto realizar a rehabilitación e posta a punto das tres torres existentes, renovándose os proxectores con tecnoloxía LED, o que permitirá unha rebaixa moi significativa da potencia e do consumo.
A obra inclúe tamén a adecuación do cadro eléctrico existente e a reposición do cableado das torres de iluminación
Relacionadas:
-
A glorieta elevada de Mollabao estrea iluminación led e máis seguridade viaria
Por Redacción |
-
Dous meses para instalar a nova iluminación da glorieta elevada no inicio da Variante de Marín
Por Redacción |
-
Parques e Xardíns restaura os bancos e o valado do regato de Mollabao
Por Redacción |
-
A reforma de Loureiro Crespo comezará o luns no extremo pegado á Praza do Hospital
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta destina un millón de euros para a reforma do firme de estradas de Pontevedra, Caldas e O Salnés
Por Redacción |
-
A Xunta retoma as obras da estación intermodal de trens e autobuses en Pontevedra
Por Redacción |