O goberno local de Sanxenxo estuda as medidas propostas pola oposición pola crise do coronavirus
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, xunto á portavoz do goberno, María Deza, debullou este luns nunha reunión telemática cos representates dos grupos políticos da corporación as medidas adoptadas polo executivo local desde o inicio da crise da enfermidade da Covid 19.
Desde a oposición, expúxose a posibilidade de crear un directorio de establecementos que permanecen abertos para facilitar aos veciños a compra no comercio local, establecer direccións para peóns para evitar a confluencia de persoas en puntos como o Paseo de Silgar así como axudas e mediación para alugueres de vivenda e de locais.
O goberno local comprometeuse a estudar todas estas propostas.
O alcalde emprazoulles para outro encontro o próximo 8 de maio para avanzar máis propostas e analizar a situación.
Relacionadas:
-
Sanxenxo inicia un novo 'zafarrancho' de limpeza e desinfección de todo o municipio
Por Redacción |
-
Sanxenxo encargará máscaras para a tempada estival unha vez que todos os veciños dispoñan delas
Por Redacción |
-
Sanxenxo programa un zafarrancho de desinfección en todos os núcleos do municipio
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo repartirá o martes 2.000 máscaras confeccionadas por costureiras voluntarias
Por Oskar Viéitez |