Barro ampliará varios camiños no municipio e fará melloras no pavillón de Curro
Por Redacción
Preto de 50.000 euros recibirá o Concello de Barro da Deputación de Pontevedra para financiar dúas actuacións no municipio. Trátase do proxecto de reforzo e ampliación de viarios en Perdecanai e Barro e do subministro e instalación de pranchas de policarbonato no pavillón de Curro.
No primeiro caso, os traballos nos viarios se realizarán nos lugares de Iglesia, Lourido (Carballal) e Triaba, pertencentes á parroquia de Perdecanai, e no lugar de Porráns.
As obras servirán para mellorar estes camiños municipais, coa ampliación do ancho en zonas puntuais e a execución de muros de contención para a estabilidade dos mesmos, con posterior aglomerado e reposición de terras.
Estes traballos son moi necesarios para a estabilización destes viales e para garantir consecuentemente a visibilidade e seguridade viaria e teñen un prazo de execución estimado de tres meses. O seu custe roza os 40.000 euros.
A outra achega, de algo máis de 8.000 euros, permitirá a mellora do pavillón de Curro e a seguridade no acceso ao mesmo.
Na actualidade, estas instalacións úsanse para a práctica de deporte, sobre todo o tenis, e como lugar de reunión de asociacións. Debido ás inclemencias do tempo varias pranchas translúcidas están rotas, de xeito que cando chove entra auga no pavillón. As novas pranchas de policarbonato substituirán as danadas.
O Concello de Barro considera esta obra prioritaria e de urxencia, cun prazo de execución de medio mes.
Relacionadas:
-
Barro investirá 165.000 euros en pavimentos de viais municipais en todas as parroquias
Por Redacción |
-
O PP de Barro reclama ao Concello que acometa canto antes diversas melloras na zona de Barosa
Por Redacción |
-
Nova inxección de dous millóns de euros aos municipios a través do Plan Concellos
Por Redacción |
-
Barro estrea 25 lombos en dez zonas do municipio
Por Oskar Viéitez |