Cores Tourís lamenta a falta de lealdade institucional da Deputación ao ameazar con deixar de desinfectar lugares públicos
Por Redacción
José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, critica a falta de lealdade institucional e cooperación por parte da Deputación de Pontevedra. Esta reacción débese á carta que a Deputación de Pontevedra enviou á Xunta sinalando que deixará de desinfectar lugares públicos, a través do Consorcio provincial contra incendios.
No escrito, o goberno provincial sinala que se desinfectan neste momento os Puntos de Atención Continuada da provincia, a pedimento da Administración autonómica, debido ás competencias asumidas durante o estado de alarma pero, anuncian, esta actividade cesará no momento en que cese este estado de alarma.
Cores Tourís lembra ao goberno que lidera Carmela Silva que o Consorcio provincial contra incendios que realiza este labor depende ao 50% da entidade provincial e da Xunta de Galicia. E alerta da necesidade de que as administracións se coordinen para facer fronte á pandemia.
Afirma que a Xunta mantén co resto de institucións provinciais unha relación fluída e produtiva. Lembra tamén que a administración autonómica na provincia de Pontevedra entregou preto de 420.000 unidades de protección; 249.000 luvas, case 161.000 máscaras e 5.400 traxes de protección. ademais de batas de protección, xel hidroalcohólico, pantallas ou botellas de desinfectante.
Relacionadas:
-
A Deputación acusa a Cores Tourís de "mentir sen pudor" e pide a Núñez Feijóo que controle ao delegado da Xunta
Por Redacción |
-
Resposta da Deputación ás demandas do PP: non pode facer máis desinfeccións porque a Xunta non as autoriza
Por Redacción |
-
O persoal da loita contra os incendios únese á batalla contra o coronavirus
Por Redacción |