O Concello de Pontevedra está disposto a ampliar os espazos para veladores e terrazas
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores anunciou que o Concello está disposto a ampliar os espazos para veladores e terrazas.
A preguntas dos xornalistas sobre esta demanda da hostalería, Fernández Lores afirmou que "non vai haber dúbida nese sentido, se é posible ampliar espazos públicos, ampliarémolos de forma excepcional para facilitar a actividade económica da hostalería e do comercio".
O alcalde asegurou ser coñecedor da "preocupación no sector da hostalería e o do comercio sobre a incorporación á actividade" e ha indicou que "afortunadamente en Pontevedra temos o traballo bastante avanzado neste sentido e temos que dicir, humildemente, que somos uns privilexiados porque temos unha recuperación de espazo público xa levada a cabo ao longo das últimas dúas décadas".
O rexedor nacionalista ha explicado que no Goberno local "estamos dispostos a estudar e a propoñer ampliar espazos destinados a veladores", para que se poidan cumprir as condicións de seguridade por parte dos traballadores e das persoas que se acheguen a gozar tanto do espazo público como das actividades económicas e de lecer.
Relacionadas:
-
O Concello deixa de ingresar máis de 65.000 euros pola redución da taxa de veladores nun 31,5%
Por Oskar Viéitez |
-
Ninguén pagará ningún imposto, taxa ou prezo público, segundo Lores, durante o estado de alarma
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello ve "imprudente" tomar unha decisión xa sobre as súas festas de verán
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra prepara un "plan de choque" para reactivar a economía o "día despois" do coronavirus
Por Alejandro Espiño |