Establecen tres franxas horarias limitadas para pasear a partir deste sábado 2 de maio
Por Redacción
Salvador Illa, ministro de Sanidade, explicou na tarde deste xoves as medidas que se van a adoptar a partir deste sábado 2 de maio no que xa se permitirá pasear e saír das casas para realizar deporte dentro da fase cero da desescalada.
Nos municipios de máis de 5.000 habitantes, os tramos serán os seguintes:
- De 06.00 a 10.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas: Facer deporte e paseos para maiores de 14 anos.
- De 10.00 a 12.00 horas e de 19.00 a 20.00 horas: Paseos para maiores de 70 anos e persoas dependentes.
- De 12.00 a 19.00 horas: Paseos para menores de 14 anos acompañados por un adulto.
Nos municipios de menos de 5.000 habitantes, os habitantes non contarán con límites horarios.
O Goberno central permitirá realizar deporte sempre de forma individual. Non haberá límite de tempo pero, iso si, non se poderán exceder os límites do municipio no que se resida. É dicir, por exemplo, se unha persoa vive en Pontevedra non poderá ir facer deporte a Poio ou Marín e viceversa.
Pola súa banda, o paseo estará permitido facelo con outra persoa coa que se conviva. Pero só unha vez ao día e nun espazo máximo dun quilómetro ao redor da vivenda.
Estas medidas adóptanse, segundo explicaba o ministro de Sanidade, para evitar que se produza concentración de persoas de distintas idades ás mesmas horas.
O ministro anunciou que "mañá ou pasado" editarase unha guía cos detalles da normativa para realizar estes actividades, das que quedan excluídas expresamente aqueles cidadáns que teñan síntomas ou que estean en período de corentena ou en illamento domiciliario