Os hostaleiros queren apoio municipal para poñer en marcha un servizo "delivery"
Por Oskar Viéitez
A plataforma #PonteLovers celebrou este xoves unha reunión de traballo na que os hostaleiros solicitaron apoio municipal para poñer en marcha un servizo de entrega a domicilio.
Unha decena de profesionais, pertencentes a ámbitos tan diversos como a alta cociña, a seguridade alimentaria, a restauración ou o lecer nocturno, participaron por videoconferencia nesta Mesa de Hostalería.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco acompañada de técnicos do seu departamento reuníuse con Rubén González, de El Cafetín; Ángel Sorey, da Asociación de Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo); Marcos Rivas, da Sala Karma; Gonzalo Rodríguez, do Club del Café; Lourdes Rodríguez, de El Dulce de Leche; Alberto Collazo, da Piada Romagnola; David Iglesias, de Bodegas Valmiñor; Marta García, de Meigas Fóra; a bióloga Elena González, experta en seguridade alimentaria, e Raúl Facciola, da Crêperie Cre-Cottê.
A concelleira valorou positivamente este encontro que evidenciou a "incertidumbre" na que vive sector polas medidas adoptadas polo Goberno do Estado para a desescalada.
Segundo informou a socialista Yoya Blanco os hostaleiros queren que o Concello impulse "campañas de promoción del consumo" e "potenciar un delivery específico para la hostelería de Pontevedra" é dicir, desenvolver un servizo de repartición e entrega a domicilio dos produtos que ofrecen habitualmente nos seus establecementos.
Os empresarios tamén propuxeron impulsar unha marca identificativa da hostalería pontevedresa e crear unha aplicación específica para o sector que permita xestionar reservas.
Na reunión tamén se expuxo a posibilidade de ampliar os horarios de apertura e modificar os veladores para que poidan ocupar máis espazo público e permitir así a distancia social entre a clientela.
Relacionadas:
-
Poio expón axudas fiscais, formación e promoción virtual para axudar ao sector turístico local
Por Redacción |
-
Estudan crear un 'Amazon local' para produtos gastronómicos da cidade
Por Redacción |
-
Comer entre mamparas de vidro
Por Alejandro Espiño |
-
Os hostaleiros de Pontevedra piden ao alcalde a supresión de taxas e asumen que o día 11 non poderán abrir
Por Manu Otero |
-
'Reinicia o teu negocio', o plan de #PonteLovers e a Asociación de Autónomos para asesorar ao comercio local
Por Redacción |
-
Oito de cada dez pontevedreses en ERTE son traballadores do sector servizos
Por Alejandro Espiño |
-
'Volvemos', o vídeo da plataforma #PonteLovers durante o confinamento para animar á recuperación da economía local
Por Redacción |
-
#PonteLovers conta con seis mesas sectoriais para escoitar as demandas das pemes e negocios de proximidade
Por Redacción |
-
Crear unha marca identificativa, proposta do PP para apoiar o comercio local
Por Redacción |
-
Plataforma #PonteLovers para recuperar a actividade empresarial de proximidade
Por Redacción |